Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nunca máis

lunes, 14 de agosto de 2006
É a terceira vez, este agosto, no que falamos de lume en Galicia.

Que lonxe aquela viñeta humorística que proclamaba “Cuando un monte se quema, algo suyo se quema, Señor Conde”. Cando un monte se queima algo noso se queima aínda que non teñamos nada que ver, aparentemente, coa súa propiedade.

O lume castiga de xeito especial a costa atlántica e respecta Lugo. Aínda que mellor é calalo, porque tamén ó comezo respectou Ourense e logo foi un punto infernal de referencia.

Cando unha anterior catástrofe asolou as costas galegas, un clamor se alzou baixo a bandeira de “Nunca máis”. Este clamor convertiuse logo en Plataforma. E foi memoria permanente da catástrofe e arma arroxadiza contra os gobernos autonómico e nacional.

Agora botábase en falla “Nunca máis”, e o que queda da plataforma tenta de novo poñerse en marcha para tamén utilizala como arma contra quen corresponda.

Pero Galicia segue a ser a mesma comunidade mancada, dorida, que desexa que nunca máis se produzan agresións brutais coma a de entón, coma a de agora. E se se producen, non ter que recoller alcatrán coas mans ou apagar incendios con sulfatadoras ou ramallos.

Na proclamación de “Nunca máis”, todos estamos dacordo. Como o estamos na toma de postura e palabras do Presidente Touriño, de gobernar ferreamente a Galicia post-incendios.

Se Touriño cumpre, “Nunca máis”, que ven de cobrar vida de novo, chega tarde. Ou sexa, o que é o mesmo, el se encargará de que efectivamente esto non volva pasar “nunca máis”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania