Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rescoldos

viernes, 11 de agosto de 2006
O refraneiro, sabio por popular, di que “onde houbo lume, rescoldo queda”. Galicia, en canto se logre facer desaparecer o lume, será un rescoldo.

Cada ano, os lumes señorearon de sempre a nosa terra. Especialmente desde que a finais dos cincuenta e comezos dos sesenta o chamado entón Patrimonio Forestal del Estado incautou os montes que os nosos paisanos viñan disfrutando, nos que criaban en liberdade ovellas, vacas e cabalos.

O Patrimonio Forestal deu traballo (pan para hoxe, fame para logo) a moitos dos nosos homes plantando piñeiros, moitos deles en lugares inhábiles para estas plantacións.

E os primeiros lumes daqueles anos eran seguidos con sorna polos damnificados nunha expropiación non pagada, que (“de rabia canta o galego”, di outro refrán) non sería de proveito para ninguén.

Cabe supoñer que aqueles rescoldos, máis de corenta anos despois, estarán totalmente apagados e aventados. Que as causas serán outras. Que perxudicarán a todos, pero a alguén han de beneficiar, ou estamos rodeados de tontos ademáis de criminais.

O Presidente Zapatero veu a Galicia, xesto que é de agradecer. E vai dispor medidas compensatorias, que son de xusticia. E mandou ó Exército, como corresponde a unha catástrofe. E ata a Vicepresidencia da Xunta lanza unha campaña publicitaria para mentalizarnos de que o lume é malo e nos proporciona un teléfono para chamar.

Vai ser difícil tratar estes rescoldos, en canto o lume deixe de queimarnos por fóra e por dentro.

Os rescoldos físicos iranse esvaíndo conforme as choivas e os ventos vaian lavando os nosos montes, traendo terra nova e con ela sementes de herbas que nacerán vizosas entre o solo calcinado.

Pero vai ser difícil eliminar os outros rescoldos. Vai ser difícil esquecer o sentimento de impotencia diante do lume e dos incendiarios. Vai ser difícil asumir que a solución dun problema non depende da cor do gobernante. Vai ser difícil asumir que vivimos nun país -o máis verde de España- que arde como se tivese lume dentro.

Son moito peores os rescoldos da alma que os do monte ardido. Pero están ahí.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania