Arde Galicia
Cardalda, Theo - martes, 08 de agosto de 2006
Onte día sete de agosto Galicia ardía polos catro costados. A nai Galicia estaba tocada a estaban ferindo de gravidade. No Salnés, Barbanza en Vilagarcia onde me atopo, a miña sensación non a podo describir. Desde que teño uso da razón no lembro cousa semellante, pasei por estados de mágoa, tristura, impotencia, sufrimento e decepción.
Aquela espesa cortiña de fume impedía a visión por tódalas partes, o cheiro, a cinza voando parecía o inferno na terra, cada vez que pasaban as horas a rabia e a impotencia consumían a miña testa.
Fálase dunha actividade delictiva. Outros falan de tramas organizadas, pero non deixa de ser sospeitoso a forma e o feito como plantaron lume os montes. A tipoloxía foi novedosa, ventos fortes do Nordés soprando desde o xoves día 3, focos de lume moi concretos á beira das estradas preto de núcleos de poboación e en zonas de difícil acceso das cuadrillas, se un non crera nos pirómanos, da a sensación dunha planificación loxística de moito carallo e iso non o fan catro tolos descerebrados.
O que si é ben certo que estes incendiarios o teñen claro que o mes máis rendible para eles é agosto pola ausencia de persoal nas administracións polo período vacacional.
¿Quen está detrás destes incendios? . Abondan moitas teorías: Madeireiros que foron víctimas de moitas acusacións. Agricultores e gandeiros, aparentemente son máis víctimas que culpables. Especulación Inmobiliaria, coa nova Lei de Montes non se poderá cambiar o uso dos terreos afectados nos vindeiros 30 anos.
Son hipóteses que agora estase a rexeitar, inclusive polas mesmas administracións.
Outra teoría é a das cuadrillas contraincendios e hai quen fala da conspiración política.
Si hai delincuentes terroristas desta calaña, teñen que aparecer, poñelos ante a xustiza e aplicarlle as máximas penas e si aparece algunha trama organizada, o máximo responsable con nome e apelidos sexa levado aos tribunais e que todo o peso da Lei lle sexa aplicado ata as últimas consecuencias, xa que isto foi un ataque a un ben común a un ben de todos a unha Galicia que agora está chorando de rabexa, foi como unha coitelada no mesmo corazón da nosa terra e iso é imperdoable.
Mentres o país non afronte a limpeza dos seus montes e unha explotación racional dos mesmos, que sexa capaz de xenerar madeira, enerxía e moitos máis intereses económicos sostibles, ou sexa, mentres o monte non xenere beneficio para todo o que vive no seu entorno os montes seguiran ardendo por abandono e deixadés.
Remato con rabexa este artigo, e vou dicir algo que tamén entra na lóxica da idiosincrasia do galego, coido que polo xeral aínda que tamén me toca: o galego é basto e un pouco estúpido en canto á estética e máis ben deixado en canto ao aspecto do que lle rodea, finalmente inculto sobre a naturaleza. Si un de nós se pon a ler a abondosa literatura de D. Ramón del Valle-Inclán algo sacamos en conclusión de que este gran literato coñecía moi ben aos galegos. Vivindo coas devanditas virtudes nunca faceremos camiño ao andar.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora