Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Administradores e conservadores

jueves, 12 de noviembre de 2015
As xeracións que nos precederon, non eran menos intelixentes que nós.
Que tiñan menos medios, ninguén o pon en dúbida, pero que sabían buscarse a vida, tamén era ben certo.

Pasiño a pasiño, ó longo da historia da humanidade, fóronse acadando moitos logros. Nos últimos tempos, moitos máis:
A educación e a industrialización, produciron moitos adiantos.
Tantos, tantos, que moitas persoas case chegaron a esquece-la súa orixe.
Esto paréceme grave. E voulle explicar por que.

Permítame que lle faga unhas preguntas:
- ¿POR QUÉ HAI PERSOAS QUE TEÑEN UN ENCANTO ESPECIAL, PERSOAS QUE OS GALEGOS CALIFICAMOS COMO “XEITOSIÑAS”?

Porque souberon conserva-los valores e tradicións das súas raíces, da súa familia, do lugar que as viu nacer e medrar.
Grazas a eso, son persoas que infunden confianza, persoas moi queridas, valoras e respetadas.

- ¿POR QUE HAI LUGARES QUE ESTÁN MOI SOLICITADOS Á HORA DE VISITALOS?

Porque saben administra-los seus recursos racionalmente, conservando o tradicional e innovándose sen perde-las características fundamentais.
Non é nada raro encontrarse con lugares aillados e esquecidos que conservaron o seu tipismo e hoxe son un reclamo turístico de gran relevancia.
¿Coñece vostede algún?
Eu coñezo moitos, pero non quero dar nomes para non ferir involuntariamente a outros moitos.

- ¿POR QUÉ O CAMIÑO DE SANTIAGO CHAMA A TANTÍSIMAS PERSOAS DE TÓDOLOS PAÍSES, TÓDALAS LINGUAS, TÓDALAS RELIXIÓNS E TÓDALAS RAZAS?

Está claro que a chamada do Apóstolo Santiago ten moito peso; pero ó longo do Camiño hai “reliquias do pasado” que son descanso para a alma e relax para mente.

¿Qué pasaría se estas “reliquias do pasado” desaparecerán por anticuadas o porque hoxe en día non teñen unha utilidade práctica?
Automaticamente, o Camiño, perdería moito atractivo.

¿Qué pasaría se en vez dos pratos típicos de cada lugar, se comerán –por exemplo: hamburguesas- en tódolos sitios.
Ademais de non ser saudables, a gastronomía perdería atractivo.

¿POR QUÉ NOS ÚLTIMOS TEMPOS O TURISMO SOBE COMO A ESPUMA?

En boa medida é porque –globalmente- mellorou o poder adquisitivo e cultural das persoas; pero tamén é un factor fundamental o de ver lugares distintos, costumes distintas e xeitos de vida distintos e canto máis enxebres, mellor que mellor.

Eses lugares son distintos, teñen costumes diferentes e xeitos de vida orixinais, porque souberon conservar aquelo que os caracterizou toda a vida.
Constrúen o presente sobre o pasado e miran o futuro con esperanza.
Conservan as raíces como sinal de identificación.

A lingua tamén é un signo moi importante de identificación.
Admiro os pobos que saben conserva-la súa lingua aínda que sexa mionoritaria.
Hai miles de linguas no mundo mundial: unhas son moi coñecidas. Outras teñen poucos falantes…
Pero para cadaquén a súa lingua nai é a mellor.
A lingua que nos viu nacer, a que nos viu medrar, a que usaron con nós na máis tenra infancia... ¿Qué quere que lle diga?

Dise que neste momento a lingua de Chaquespeare é a máis coñecida no mundo. Tamén hai quen di que é a de Cervantes.

Imaxínese por un instante que:

Os chineses falaran todos inglés,
Os franceses tamén.
E os alemáns.
E os brasileiros…
E nós tamén.

¿Os chineses serían ingleses?
¿E os franceses?
¿E os alemáns?
¿E os brasileiros?
¿E nós mesmos?

¡Vaia lío!
Estas preguntas son un auténtico lío.

Pero preguntas facémolas todos.A veces son afortuandas e ouitras non.

“PREGUNTAS QUE SE FAN”

Este será o título do vindeiro artigo, porque últimamente fixéronme unha pregunta que que dá moito que pensar.
Xa lla direi.

Neste momento só me queda agradecer a tódalas persoas de boa vontade -como vostede- polo ben que administran o legado do pasado e polo moito que conservan as tradicións polas que tanto loitaron os nosos devanceiros.

Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES