O día mundial do Neno
Fernández, Suso - miércoles, 11 de noviembre de 2015
A efeméride (once de novembro), data de 1954; a Liga de Nacións establece que a Humanidade debe ós nenos o mellor que pode ofrecer.Día para a comprensión entre os nenos, polo benestar e polos dereitos dos rapaces do mundo.
En 1971 celebrase en Foz a 1ª Feira da Arte Popular, iniciativa pioneira, á que acudiran artesáns de toda Galicia. Seguindo a pista a éstes soubemos que a Cidade dos Muchachos de Ourense, Bemposta, dispuña dun espectacular stand no que, á vista do público, mais de 50 artesáns dos seus talleres, producían e vendían pezas de alfarería, madeira torneada,zocas, serigrafía, coiro repuxado, forxa, cestos, encaixes de Camariñas
Un vello amigo franqueounos a porta do P. Silva ao que visitamos para solicitar del a presencia do stand na feira de Foz, que se consumou na inmediata de 1973.
Moitos outros artesáns a título personal completaban a que foi a demostración artesà de magnitude nunca coñecida por estas latitudes, como a chantadina Elvira Rodriguez Osorio, entón a mais prestixosa tecelá de Galicia, con obra espallada por media Europa, en mans das mais importantes personalidades. Pepe de Burón, tallista focego, presentara a súa xenial imprenta Gutemberg, que, en madeira tallada, realizara a minerva e tipos de letra, imprimindo para os visitantes; algo tan exitoso e solprendente, por nunca visto. A rede galega de telelclubs montara unha sensacional mostra con grande surtido de pezas orixinais, descoñecidas para o gran público. A novidade atraera exursións de provincias limítrofres
Por primeira vez trala guerra civil, ondeaba en acto público e multitudinario, a bandeira galega que permañeceu nas tres edicións da feira cos atrancos e os riscos doados de maxinar
O coro de 60 voces de Bemposta gravara un disco coa asistencia de músicos insignes, como o francés Frank Pourcel dirixindo, entre outras, a canción Os dereitos do neno, peza singular que resume a filosofía que inspirara a obra do P.Silva, apóstolo na defensa e protección da infancia desvalida. Dí así: 1º tódolos nenos nacen libres e iguais no amor. 2º: todo neno ten dereito a esixir contas á Sociedade polo mundo que ésta lle preparou .3º: todo neno é libre como o aire que respira, sempre que éste non estea contaminado. 4º: a verdade sae da boca dos nenos: todo neno ten dereito a comunicar os seus pensamentos e opinións ós adultos que o arrodean. 5º: tódolos nenos deben pagar en prioridade ó tesouro familiar o seu imposto de amor. 6º: todo neno é libre de protestar polo traxe de mariñeiro que o obrigarán a vestir entre os cinco e catorce anos. 7ª: todo neno é inocente ata que sexa declarado culpable de chegar a home. 8º : todo neno é responsable dos futuros fillos do home que será un día
,
P.D. : o día da visita a Bemposta para solicitar do P. Silva a presencia do stand na feira de Foz, celebràbase no Pavillón de Deportes das Burgas unha edición do Certame da Canción do Miño , ó que asistimos. Resultara trunfador/revelación da noite o que dende entón é unha figura da canción galega, daquela un mozo, descoñecido, mariñeiro de Moaña, chamado Xil Ríos.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora