Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Arde Galicia!

martes, 08 de agosto de 2006
Ó comezo do verán pareceu que Galicia ía librar da gran plaga do verán que en forma de lume arrasa as nosas mellores superficies forestais, pero xa o mes de xullo nos amosou o rostro fero desta traxedia que curiosamente afectou de xeito máis grave ás provincias atlánticas resultando moito menos afectada as provincias cantábrica e interior.

Pero as altas temperaturas de Xullo, os ventos do Sahara e o traballo dos incendiarios, o aumento de douscentos lumes en A Coruña e cento cincuenta en Pontevedra en relación co ano anterior, a detención de algúns incendiarios, e a negativa do conselleiro de Medio Rural a levar o tema ó Parlamento para non crear unha sensación de excepcionalidade e alarma, que non hai, quedan para o pasado mes. E agora estamos en agosto.

E en agosto sí temos unha sensación de excepcionalidade e de alarma que se agudizou nos últimos días cando o lume produce mortes, fai cortar autoestradas e obriga á intervención do Exército.

Non queremos con eso dicir que esto se amañe con un Pleno extraordinario do Parlamento. Porque é difícil pensar que o Parlamento se reúna co fin de poñer solución sensata a un problema gravísimo e non de utilizar o tema como arma propicia para causar dano ó grupo político situado enfrente. Antes, para agredir ó Partido Popular. Agora, para descolocar ó Bipartito.

Galicia arde, e dóenos. E danos unha sensación de impotencia, porque os políticos seguen con palabras grandilocuentes mentras os galegos estamos expostos ó primeiro incendiario que, cos propósitos que sexan –que aínda non os coñecemos-, semente terror e desolación.

Ós políticos éncheselles a boca anunciando que os culpables serán perseguidos e castigados, escóndanse onde se escondan. Son as mesmas palabras que escoitamos hai moitos anos a un Ministro do Interior, militar para máis señas, que anunciaba que os terroristas culpables dun atentado serían atopados e castigados aínda que se escondesen no centro da terra.

E mentras tanto, Galicia arde, e os galegos estamos preocupados, doídos, mancados, atónitos, inermes, agardando que dunha vez por todas os políticos -¡todos!, dunha e doutra cor- se poñan a traballar xuntos polo que a todos nos doe, e a eles debera tamén doerlles.

Os incendios non son motivo de loita política. Son unha traxedia. E para solucionala non valen palabras, non valen críticas, non valen vinganzas… Vale xuntarse e traballar. ¿É moito pedir?.

Galicia arde. Os nosos políticos deberan arder tamén en gañas de solucionar o problema. Se é que aínda queda un mínimo de sentido común.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES