Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Antisistema

miércoles, 11 de noviembre de 2015
Desde o Preguntoiro: Os Antisistema

Despois de decatarme da decisión do General Julio Rodríguez de fichar por Podemos, ao día seguinte comezou a festa da manipulación por parte do Goberno e eses “tertulianos” das ondas que dan noxo escoitalos.

A vicepresidenta do Goberno Saéz de Santamaría, sae falando de expulsión do exército tratando de desprestixialo, cando o exJEMAD pedira o cese unha semana antes. Estes do PP están perdendo o norte e a vergoña si é que algo lle queda. Porén, tras anunciar o cese do General por Real Decreto manipulando a nova, logo rectificouna dicindo que, o Goberno non pode retirar ao General do Exército, pois xa o fixera el mesmo unha semana antes para poder exercer os dereitos civís como candidato ás eleccións.

A pregunta que me fago é: ¿Que veu este General na nosa sociedade para tomar esta decisión?. Coido que ollou o que moitos estamos vendo, descomposición e podredoiro por parte dos poderes do estado. Coido que involucrase nese proxecto vaille xerar polémicas, enemistades, intranquilidade podendo vivir comodamente coa súa xubilación sen meterse nestas “festas” políticas. Coido que só un home con profundas conviccións e principios, disposto a pasar certos “infernos”, podería facelo, máxime cando foi o maior responsable de Defensa.

E algúns deses “tertulianos”, teñen a cara de acusalo de antisistema, manda carallo na Habana con eses canallas. Os únicos que veñen practicando o antisistema son aqueles que recortaron ás escolas, o saqueo dos nosos hospitais, o asalto ás nosas televisións públicas, dereitos democráticos recuados, recortes asfixiantes á Ciencia e a Cultura, abandono das persoas maiores, rescate da banca con 40 mil millóns de euros públicos que non será recuperados. Disto, estes trampóns e cínicos das ondas televisivas nada din. Son vomitivos.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES