Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Igrexa de Cedofeita

lunes, 09 de noviembre de 2015
Os camiños adversos e decadentes polos que vai a Igrexa Católica nestes últimos tempos son bastante evidentes: falta de vocacións sacerdotais, parroquias sen cregos, templos abandonados, escasa asistencia de fieis ó culto e ós sacramentos, divulgación de graves casos de escándalo e corrupción en altos niveis da xerarquía así como nalgúns sacerdotes acusados de pederastia, etc... Nunha palabra, unha Igrexa afectada por unha profunda crise de imaxe, feito recoñecido pola inmensa maioría dos observadores. É o tributo a pagar pola Igrexa polo penoso e difícil tránsito que lle supuxo “abrir as xanelas”, como pedía Xoán XXIII, e ter que superar o paso dunha Igrexa de poder, que como tal actuou nos derradeiros dezaseis séculos, a unha Igrexa de servizo, guiada hoxe con acerto por camiños máis evangélicos polo Papa Francisco.

E esta evidente relaxación de imaxe ten a súa manifestación e reflexo no actual abandono en que se atopan moitos dos seus inmobles e lugares de culto, edificios e igrexas, mosteiros abandonados e ata as súas casas reitorais. Elementos que ata hai poucos anos gozaban dunha adecuada imaxe de florecemento, coidado e conservación, acusan hoxe moitos deles un deterioro manifesto. Fregueses e curas, que ata agora competían xuntos no seu empeño por exhibir unha imaxe coidada dos seus templos e ornamentos de culto, sucumben hoxe ó cansazo e a apatía xeral que azouta á Igrexa, e que se fai manifesto no descoido e no abandono de moitos deles.A Igrexa de Cedofeita
Velaí o outrora magnífico templo parroquial de Cedofeita, por exemplo, que despois de ser vítima hai poucos anos dunha impugne expoliación dalgúns dos seus obxectos de culto, atópase hoxe convertido no fiel reflexo desta desidia e apatía pola que atravesa a Igrexa. Nin os cregos encargados e responsables da súa custodia e coidado, nin os mesmos fregueses, outrora celosos do prestixio e pulcritude do seu magnífico templo e hoxe afectados pola súa indolente indiferenza, ocúpanse hoxe A Igrexa de Cedofeitade frear o seu galopante deterioro e ruína.

Un fermoso edificio, levantado nos séculos XVII e XVIII, e refeito no século XIX. Un edificio de tres naves da mesma altura, apoiadas en pilastras cruciformes. A súa esvelta torre, dun único corpo rematado en cúpula, atópase hoxe convertida nun verdadeiro solar onde proliferan todo tipo de plantas silvestres, herbas, zarzas e pequenos arbustos, cuxas raíces van socavando e triturando, lentamente pero sen pausa, a fábrica e a argamasa que cobre as súas paredes. Ata que un día, non moi afastado se non se pon remedio a este abandono tanto no seu interior como no seu exterior, haxa que chorar a desaparición lamentable dese símbolo expresivo da fe e espazo de convivencia dos que foron e son os seus fregueses.

Vaia desde aquí unha chamada á reflexión, tanto ós veciños da parroquia, responsables da súa herdanza patrimonial, como ós cregos encargados, verdadeiros animadores sociais da comunidade e responsables do coidado deste templo, para que arbitren os medios necesarios para a reparación deste templo. Tarefa difícil para os curas, sobre todo nestes tempos nos que a mies aumenta cada vez máis e os segadores son cada vez menos.
Rodríguez Díaz, José María
Rodríguez Díaz, José María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES