Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecendo a Jesús Castro Vidal

miércoles, 11 de noviembre de 2015
Hai dous anos, cando lle deron a navalla do Manuel a Valdi, tiven o pracer de coñecer dous homes cos que, pouco a pouco, fun facendo amizade: Estevo e Xesús. Ambos viñan da Asociación Irmáns Suárez Picallo de Sada para celebrar coa xente da Irmandade Manuel María a gran persoa que é Valdi. Co tempo, Estevo foime mandando o que facían na Asociación que constitúe un traballo exhaustivo de recuperación da memoria, non só de Sada, senón de Galicia enteira.

Foi aquí onde empecei unha relación que, pouco a pouco, se tornou especial a medida que ía descubrindo o humanismo co que Xesús transmitía o seu saber. Estaba claro que aquilo non podía quedar nunha mera fonte oral, era necesario que esta experiencia vital fose recollida para a posteridade sadense e galega. Xesús é un dos moitos loitadores que dende a intrahistoria forxaron o porvir deste país. Foi educado nunha escola laica e, polo que di, impregnada de humanismo que, por certo, non facía prever a barbarie que ía vir no 36.

O 36 fai de Xesús un loitador pola vida. No seu pobo ve como moitos veciños: Fernández Pita, José Mouzo ou Suárez Picallo son asasinados e sofre esta violencia na propia familia cando un irmán morre nun ataque aéreo. A pesar de vivir estas situacións, Xesús segue a tirar pola vida, pola familia e polo seu pobo polo que puxou dende ámbitos moi diversos. Primeiro, como fundador do Rayo, despois como membro do PSOE e da Plataforma Cidadá pola Democracia en Sada e, na actualidade como militante cultural na Asociación anteriormente citada. Profesionalmente, a súa vida tamén foi inqueda e pasou por varios oficios como o de mariñeiro, fontaneiro, instalador de frío...

Unha data clave na vida de Xesús é, sen dúbida, 1953 cando emigra a Uruguai, onde traballará dez anos nun taller. En 1955 casará con Manola coa que terá dúas fillas.

Coñecer a historia de Xesús é dalgún xeito aprender a facer a vida, aprender a loitar e saber que por moito que a realidade se queira torcer temos que ser quen de buscarlle unha saída. Neste sentido, coñecer a Xesús é coñecer o valor da honestidade e nela loitar por un futuro mellor. Xesús aos seus 88 anos, por certo moi ben levados, dinos que nunca podemos desistir nin deternos, que en nós está a forza do porvir e que debemos loitar por legar unha sociedade mellor. El fíxoo dende a firmeza nas propias ideas. Por iso, Xesús é un dos moitos imprescindibles que ten a experiencia de como construír da nada un porvir colectivo.

Agora, por sorte, Javier González Garrido e Xosé Anxo Seoane Cao recollen en “Conversas con Jesús Castro Vidal” de Moucho Producións a experiencia dun home que fixo a vida en colectivo, medrando e facendo medrar. Un home íntegro, bondadoso, solidario, firme. Xesús, o meu amigo, que mesmo se pode erguer nun verso de Avilés de Taramancos e afirmar: “non son un home / son un pobo e ninguén me pode domear“.


https://www.youtube.com/watch?v=Qm8fvp07q-Q
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES