Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Calvario

viernes, 06 de noviembre de 2015
En Vilalba, na miña terra de nacencia, temos unha rúa chamada Calvario, que vai desde o inicio da estrada que ven para Lugo ata o antigo cemiterio parroquial.

Non sei o por que desta denominación, pero sabendo que calvario ou vía crucis chámaselle ao camiño con 14 cruces ou representacións dos sufrimentos de Xesús, pero tamén a un lugar elevado onte hai unha cruz con gradas, entendo a cuestión xa que no arranque daquela rúa hai un fermoso cruceiro no que en tempos se paraban os enterros antes de proseguir o seu camino.

Deume por pensar que en Lugo temos un calvario, non polas representacións da Paixón, nin por cruceiros, senón polo outro significado da palabra de “serie de sufrimentos e adversidades”, ou “sufrimento intenso e profundo”, que parece asentarse no pazo provincial de San Marcos segundo as informacións que vimos recibindo nos últimos tempos.

Parece que o calvario o teña pasado primeiro, desde o pasado mes de xuño, o
deputado Manuel Martínez, Alcalde de Becerreá, presidente in pectore da Deputación Provincial, que precisamente ten anunciado para a tarde de hoxe, venres, o relato do percorrido temporal do seu particular vía crucis.

Pero do mesmo xeito que no monte dos Olivos se escoitou a petición de “que pase de min este cáliz”, tamén na Deputación Provincial o sufrimento non é patrimonio de Martínez senón que todo o grupo socialista, tamén os membros do Bng, e de forma especial Darío Campos, Presidente da corporación provincial, pasan agora por un calvario difícil de transitar.

Martínez, que mantivo un pulso co seu propio partido para ser Presidente da Deputación Provicial, na que levaba feitos méritos na oposición durante moito tempo, plegouse ás esixencias do Partido e –facendo de tripas corazón- deixou que un compañeiro ocupase o posto que coidaba ter ben merecido. Pero aínda lle quedaba por beber outro cáliz amargo cando o Bng o vetou para o goberno provincial.

Que Martínez pasou un calvario longo e intenso sabémolo todos. Por iso parece - nos tememos-, que o calvario do goberno da Deputación non fixo máis ca empezar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES