Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Que triste malcontro, castelo de Pambre!...

jueves, 03 de agosto de 2006
Eran palabras, son, do crego poeta Teolindo Cortiña Toural diante da situación de abandono sufrida polo Castelo de Pambre, nas terras luguesas de Palas de Rei, airosa fortaleza do séculoXIV, a única non derrubada polos Irmandiños e polo tanto a máis antiga de Galicia.
No noso País hai exemplos abondo de fortalezas restauradas e conservadas por institucións, de xeito que sexan exemplo pedagóxico para as xeracións presentes e futuras, dándolles uso axeitado para con el darlles vida.
O castelo de Vilasobroso, Monterrei, as torres de Mens ou a Torre de San Paio de Narla son outros tantos exemplos de bo labor das institucións provinciais na conservación do patrimonio medieval, e Castrelos, Tor ou Mariñán de igual preocupación polas construccións posteriores nas que os castelos deixaron de ser fortalezas para ser lugares de residencia ou/e lecer.

E, en tanto, ahí está Pambre, en mans particulares, posesivas, como se fosen ignorantes do que posúen, pechado a cal e canto ata para os residentes do contorno.

Pambre é unha illa pechada, rodeada de libertade. Pambre é unha frustración para todo o que alí se achega tentando visitar os restos máios airosos e descoñecidos de Galicia.

Desde hai dous anos (esta, é a terceira vez), celébrase unha Marcha Irmandiña desde Palas para simbolicamente tomar o Castelo de Pambre.

Pero os modernos irmandiños tampouco poderán acceder á fortaleza. De pouco valerá que xa nos arredores do castelo se lea un manifesto, se faga unha comida popular e se organice unha marcha nocturna con fachas. O castelo seguirá pechado a cal e canto e os vasalos que o cuidan cumprirán as estrictas instruccións do señor feudal.

A situación de Pambre só pode xenerar un sentimento de tristura como o expresa no poema Don Teolindo. Claro que o crego poeta escribía nun tempo de escuridade do que xa pasou máis dun século.

Pero a propiedade do castelo de Pambre non sabe de tristuras, de dereitos culturais nin de poemas. Por eso seguirá pechado o castelo, a pesar de marchas, protestas ou reivindicacións. Por eso seguiremos tristeiros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES