Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dedicar tempo a ser feliz

jueves, 05 de noviembre de 2015
-Ser feliz non é ningunha broma.
É algo que hai que cultivar a toda costa, penso eu.
-Ser feliz é algo moi serio, aínda que sexa propio de persoas moi alegres.
-Ser feliz non é moi doado, pero merece moito a pena.
-Ser feliz é algo moi necesario para todos se queremos “sacarlle partido” á vida.

Por eso para ser feliz, eu considero que:
-Non se pode toma-la vida ”alegremente”, como adoita decirse.
-Hai que ser moi responsable ó mesmo tempo.
-Hai que educar e educarse en valores.

Educar e educarse en valores, esixe renunciar a moitas cousas:
¡Que complicado se está poñendo esto! –preguntarase vostede.

POIS NON É TAN COMPLICADO COMO PARECE, DIRÍALLE EU.
Cando falo de renunciar a motas cosas, refírome:
-A renunciar, a todo aquelo que nos empobrece.
-A renunciar a todo aquelo que nos fai escravos.
-A renunciar, a todo aquelo que é só apariencia.
-A renuciar a todo aquelo que non nos convén a longo prazo..
-A renunciar a todo aquelo que nos degrada como persoas.

¡Máis difícil aínda! –seguirase preguntado vostede.
Non, non.
Déixeme que lle vaia aclarando o que quixen dicir.

¿É MÁIS RICO O QUE MÁIS TEN OU O QUE É MELLOR PERSOA?
Para min, ser unha boa persoa xa é una gran riqueza.
Eu nunca fun pola vida con outro carné máis que o de boa persoa, e non me arrepinto.
A verdade é que me deu moitas satisfaccións.
Eu quédome coas boas persoa alí onde as haxa, que hai moitas.
Non sei vostede como o ve, pero para min unha boa persoa non ten prezo. O resto vén por engadidura.

¿É MELLOR VIVIR ESCRAVO OU LIBRE?
Eu, prefiro a liberdade, por eso non me apego a nada, nin escravizo a ninguén, nin permito que me escravicen; porque quero vivir libre, que é todo ocontrario que ser libertino/a.
¿Traballar para vivir ou vivr para traballar?
Eu quédome con traballar para vivir e compartir cos que me rodean facéndoos o máis felices que poida.
¿Amar a quen non me ama ou dar vía libre?
Eu prefiro dar vía libre. ¡Santa liberdade!
¿Atarme ós bens materiais ou quedarme co xusto e necesario?
Quedarme co necesario sen crear necesidades innecesarias.
A vida sencilla e humilde, para min é o melloriño.

¿VIVIR DE APARIENCIAS OU TAL CUAL?
As apariencias engañan, esfúmanse, defraudan, quédanse en nada...
A min paréceme que as persoas que viven das apariencias é porque “están ocas por dentro”
¿0u, non?
Ademais adoitan a ser persoas falsas.
¡Qué pena!

Imaxinemos que nos parece acertado educar a unha criatura con todo o mimo do mundo e daquela:
-Consentímoslle todo para que sexa moi feliz.
-Dámoslle todo o que nos pida para que sexa moi feliz.
-Déixámola facer o que queira, para que sexa moi feliz.
-Déixámoslle falar como queira, para que sexa moi feliz e –incluso lle rimos as grazas aínda que diga disparates ou blafemias se se dá o caso...

Total: como é una criaturiña…cando sexa maior xa irá aprendendo…Xa ela elixirá…
Pois se así o facemos, non estamos dedicándolle tempo para que sexa feliz, nin ela, nin nós; porque a longo prazo vai ser:
-Unha persoa caprichosa.
-Unha persoa que chegue a facer o que sexa para consegui-lo que queira, incluso maltratar ós proxenitores. (Non sería o primeiro caso)
-Non terá escrúpulos en asoballar ás outras persoas porque se vai considerar o centro do universo.
- Falará de todo contra todos, sen saber –na maioría dos casos- o que di.
-Faltará ó respeto a cantos encontre na vida no momento que eles tamén queiran ser respetados.
-Chocará no traballo, coa parella, coa familia…
-Protestará na cola do supermercado, na cola do cine, en todas partes.

¿Qué talla teñen ese tipo de persoas?
¿Poden ser felices, persoas así?
¿A dónde imos desta maneira?

Xa sei que a sociedade de consumo, convídanos a ser máis ricos, a se-los amos de todo, a asoballar a quen se nos poña diante, a mirar só polos intereses propios, pero:
¿A que prezo?
¿Qué mundo construímos?
¿Que mundo lle deixamos ós que veñen detrás?
¿No será mellor conserva-lo tradicional mellorándoo na medida do posible, pero sen sobresaltos?
¿Cómo respetamos o que loitaron os nosos antecesores?
¿En que medida debemos respeta-lo pasado?
¿Somos herdeiros ou devastadores?
¿Administramos ou malgastamos?
“ADMINISTRADORES E CONSERVADORES DA TRADICIÓN”
Este será o título do seguinte artigo.

Espero que vostede dea cumprida resposta a estas e outras preguntas para “DEDICAR TODO O TEMPO QUE LLE CORRESPONDE A SER FELIZ”, que é o que verdadeiramente lle desexo de todo corazón.

Como sempre, doulle as grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e tamén pola felicidade que me produce saber que hai moitas persoas que len os meus artigos, aínda que eu non as coñeza.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES