Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Case todo por arte de maxia

jueves, 05 de noviembre de 2015
No arte da maxia escénica ou do ilusionismo, que tamén se coñece por este nome, hai moitas especialidades, como poden ser: a maxia de cerca, a de escenario a de grandes efectos, a multiplicación, as aparicións, o escapismo, o escamoteo, etc.

Eu como simple afeccionado ou amador, como se di agora, non ostento ningunha especialidade. Usando o simil da medicina, diríase que son de medicina xeral, sen ánimo de minusvalorar a estes médicos que teñen que saber de todo e levan feito tanto ben.

O escapismo require flexibilidade e audacia, e entraña grandes dificultades e perigos, pero non son insalvables nin moito menos e ata se podería dicir que están ó alcance de non iniciados, pero sen garantías absolutas de éxito.

Nesta especialidade un dos grandes, e con notable éxito, foi Harry Hudini a comezos do século XX, do que aínda se segue xa falar hoxe. A finais do mesmo século tratou de imítalo Luís Roldán, pero fracasou en todo ou en parte e xa está case esquecido.

O escamoteo baséase en certa dose de sangre fría e en non pouca habilidade pra distraer ó persoal, ou sexa, pra levar a atención do público a outro lado. David Copperfield pasa por ser un dos mellores escamoteadores do mundo, -non sempre o mellor é o que dispón de máis medios-. Xa fixo desaparecer un vagón de tren e menos mal que estaba baleiro; e ata un avión, afortunadamente sen viaxeiros; pero quizabes o que máis sona lle deu foi a desaparición da Estatua da Liberdade o día 8 do abril de 1983.

Non sei por que os Estados Unidos de América tiveron tanto interese en que se difundisen aquelas imaxes polo mundo enteiro nin por que o mundo enteiro se amilagrou tanto; xa que Liberdades, con estatua o u sen ela, desaparecen todos os días e a todas as horas.

No asunto do escamoteo hai moitos profesionais, moitísimos. Uns dos últimos, a familia dos Pujoles en pleno, por citar só un exempliño próximo, pero minúsculo. Durante uns anos colleitaron grandes trunfos, e agora xa se verá. Pero parece ser que crearon escola.

Non todo ha ser falar dos outros. Eu, sen especialidade, xa dixen, nos primeiros tempos facía aparecer un coello ó remate da actuación. Como o bicho estaba por detrás de min durante toda a actuación, sabía todos os trucos, e un día foise sen dicir nada. Nin me deixou unha nota dicindo pra onde ía. Pasado algún tempo soben que andaba por Madrid actuando en ceas de alto copete.

Por aló, copete debe ter un significados distinto de que tén por aquí; porque por onde eu son preferimos que o copete sexa grande e, podendo ser, non moi alto pra poder chegar a el tamén os de baixa estatura.

Sexa como sexa, o caso é que non faltou quen reparase no marabillosamente ben que camelaba ó público o que fora meu coello. E chamárono, primeiro pra xefe de persoal dunha empresa, despois encomendáronlle artellar unha campaña electoral e de seguida pensou: “Vaia. Ten graza. Eu metendo xente nas cortes mentres me quedo á intemperie”. E, sen maior dificultade, entro nas cortes el tamén. Non sei como se amaña, pero resiste contra vento e marea. E como leva máis de 15 anos quentando o escano, pode retirarse, polo visto ós 60 con dereito á pensión máxima, se non opta polo consello de administración de algunha empresa privada.

Do ilusionismo, entendido como arte de crear ilusións realizables, esqueceuse totalmente porque llo impide a disciplina de voto. Para crear ilusión fai falla creatividade. Optou máis ben polo arte de vivir tratando de ilusos ós demais.

A nosa relación quedou interrupta desde o día que se foi. Fíxenme coa súa dirección postal e feliciteino tres ou catro veces, pero debín poñer mal o número, que seguramente non lle chagaron as cartas. Ou, se cadra, esqueceuse el da miña e da corte que deixou aquí. Si, houbo ser iso.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES