Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O que a política uníu, pode desfacerse

lunes, 31 de julio de 2006
Entre representantes políticos, o lóxico é falar. E nesto, o Bng non se queda atrás, proclamando que se pode falar de todo e con todos.

O exemplo está perfectamente claro e demostrado cando se pon a falar do Estatuto, do posible, próximo e novo Estatuto de Galicia, co Partido Popular, a forza máis lonxana en canto a pensamento, en canto a ideario, comezando pola pura e simple denominación do País e do seu status.

Está claro que o lider do Bng non se conforma con ser a segunda forza do equipo do goberno da comunidade, e da pasos en tódalas direccións posibles para afirmar a súa independencia, a defensa a ultranza dos seus puntos de vista, e o seu propósito de que non se confunda o traballo dunha coalición de goberno coa vontade de marcar camiño.

Dificil papel o de tentar ser “independiente” dentro dun goberno de coalición no que as dúas forzas representadas, cada unha polo seu lado, non serían quen de gobernar; non serían “ninguén”, se utilizamos o falar que nos é propio.

Xúntanse a falar os líderes do Bng e do PP, terceira e primeira forzas do país, e logran un acordo senón na esencia da terra –patria, nación, país, fisterra…- sí no económico, de xeito que ámbolos dous apoiarán o que o PP propugna para Galicia no aspecto máis vital.

E agora, que o Psoe se entenda con Madrid -goberno amigo, cousa que ten as súas contrapartidas-, e procure non quedar como o malo da película frente ós que ben se entenden porque o pedir –como o falar– nonten cancelas.

Este acordo Bng-PP, na primeira das conversas, é un agasallo envenenado para o PsdeG, que será o que teña que pechar coas rebaixas que a negociación vaia producindo.

As alianzas para gobernar son como matrimonios de interese, onde se gardan as formas pero logo cadaquen busca o agarimo onde pode atopalo. Neste caso, o agarimo temporal acadado por Quintana non é para dar ciumes á súa política parella de feito, senón para dicir urbi et orbe que o que a política uníu pode desfacerse en calquera momento. Xa non digamos se hai unhas municipais de por medio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania