Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (85)

miércoles, 04 de noviembre de 2015
Adolfo e Juanita

Foron unha parella que viviron ao noso lado, así que sentimos por eles un gran cariño, como se fóramos familia.

Esta parella estivo en Bos Aires. El foi primeiro; logo, casáronse por poder e foise ela. Neses tempos, aquí era moi difícil empezar unha vida. Alí, tiveron dous fillos. Empezou a poñerse mal o país. Viñeron para a súa terra. Os nenos aínda eran pequenos. Ao principio, custoulles acostumarse; pero, logo, xa colleron amigos e foilles ben. Casáronse e xa teñen pequenos. Adolfo e Juanita quedaron sós, na súa casa, coa súa horta. Estaban ben. Pero, como a felicidade parece non existir, apareceu esa mala enfermidade. Viaxes á Coruña para radiarse. Adolfo tamén se sente do corazón.

Cando estaban no mellor, aparecen os problemas.

Aínda traballan algo na terra. Están máis entretidos, e teñen de todo. Parece unha Quinta, como se di por Bos Aires. Tamén, así, poden axudar aos fillos e netos. Foron ás Américas, pero as Américas estaban aquí.

Juanita conta que, cando viñeron, aínda lle vivía a súa mamá, xa moe maior. Ela dicíalle: “Xa me tes ao teu lado, xa se acabou a soidade”. Ela, chorando, dicíalle: “Outra vez, outra vez”. Cantas veces esa nai se acordaría dela. Tamén os fillos se acordan das nais. A vida componse de
recordos, ata que se morre.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES