Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Próxima Estación: Esperanza

de Guizán, Antón - martes, 03 de noviembre de 2015
Iscribinme en Iniciativa pola Unión coa esperanza de ver unha candidatura galega única para eleccións xerais que acadara un forte respaldo social en momentos nos que é previsible que se abra un trascendente debate sobre a recomposición politica e territorial do estado e no que Catalunya e Euzcadi van xogar de seguro unha importante baza. Galiza xógase outra vez estar nese debate ou seguir na deriva paulatina desde o punto de vista de país.Próxima Estación: Esperanza
Xa nin me planteei, como concepto básico de nación, estar inscrito nunha corriente que integra forzas de ámbito estatal como PODEMOS e IU e menos aínda ao ver que a práctica real das negociacións entre cúpulas contradecían esas publicitadas politicas da base, de abaixo arriba.

A esperanza, ese sentimento que compartimos milleiros de galegos e galegas, vaise esfarelando cada día que pasa ao observar, unha vez máis, que as forzas politicas que deben protagonizar esa iniciativa para o noso país, siguen a xogar con cartas marcadas e sendo coñecedoras de antemán que non hai vontade real de acordo porque hai prioridades neste momento para elas que se antepoñen ao país. A esperanza, sospeito, terá que agardar a outros tempos e a outras circustancias.

No que atinxe a Iniciativa pola Unión, a esperanza mudou en decepción (a inocencia parece que non ten cura) ao ver que o que se criou como unha iniciativa con vontade plural, aberta e integradora, está a mudar a máis do mesmo, que non é que esteña mal nin que non haxa dereito, pero que non aporta aquelo que Galiza precisa agora máis que nunca.

Que este colectivo duplicara nunha soia semana o número de aderidos, evidencia unha clara chamada partidaria ao control do grupo (a bó entendedor, poucas palabras...), e que unha persoa significada dunha organización anuncie nas redes que se apresenta ás primarias para encabezar a lista ao congreso e que conte xa nese intre con arredor de 300 avais, ratifica as sospeitas. E repito, están no seu pleno dereito, só que para min supón unha torpeza politica e dalgunha maneira, botar ao lixo o discurso discurso político previo desta alternativa ademáis de nacer xa etiquetada e dar a razón a aqueles que sarcasticamente a denominaron "Iniciativa pola U".

Aínda así, e sin dúbida ningunha da sobrada cualificación personal e politica das persoas que saian escollidas, e sabendo a priori de quen veñen sendo, e tamén que nos representarán perfectamente no Congreso si saen, tamén penso que se está a perder unha oportunidade e un tempo preciosos nun momento clave para Galiza.

E a pesares desto, vou participar, vou votar, coñecedor tamén de que a quén apoie, e polo feito de presentarse e participar, lexitima o que todos sabemos que vai ocorrer, que algúns xa vamos indo para maiores e xa nos criamos e medramos nesto...Agardo de verdade equivocarme, desexo fondamente non acertar neste pesimista visión.

E mentras sigo instalado provisionalmente na decepción agardo, no que me queda de vida para este país, sempre, pola PRÓXIMA ESTACIÓN: ESPERANZA.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES