Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Centenario do P. Seixas

martes, 03 de noviembre de 2015
O meu coñecemento do P. Seixas é, sobre todo, indirecto. En realidade, só o coñecín, aínda que a unha certa obrigada distancia, cando eu era un mozo case imberbe dedicado a outras angueiras e só me podía deixar sorprender en contados momentos pola súa actividade cos obreiros de Salamanca nos anos cincuenta do século pasado. Foi hai só cinco anos cando aquí en Vigo me puiden atopar con persoas que o trataron moi directamente ó tempo que din por entón con algúns sorprendentes escritos inéditos seus.

Dito isto, voume limitar a recitaralfabeticamente unha serie de palabras, coas que Seixas podería ser dalgún modo catalogado ou adxectivado para información de cantos non o coñeceron directamente. Moitas delas foron xa formuladas por alguén nalgún momento; outras son espontánea ocorrencia miña. Velaquí vos van sen máis pretensións, en estrita orde alfabética, non conceptual, da letra A á Xe:

Abstemio, activista e impulsor do galego na liturxia, agarimoso, alegre, amable, amigo, anticolonialista, antidiscriminador, antidogmático, antiimperialista, antimachista, antirracista, antitotalitarista, apoio e valedor dos demócratas, apóstolo de fronteira, atraído e admirado pola xente moza, auscultador do porvir.- Benquerido, bo compañeiro, bondadoso.- Cativador, clarividente, comprometido, cordial e solícito cos marxinados, crente confiado nun Deus Pai, cristián.- Defensor de negros e indios, descubridor e proclamador das belezas e bondades alleas, desexoso de atender a leprosos, dialogante con Deus e coas persoas, dignificador dos sen dignidade, dinámico.- Ecuménico, engaiolante, engrandecedor de supostas virtudes ou capacidades dos demais, entrañable, esperanzado, executor dos seus propios soños.- Fan do Barça, feble de saúde, fiel á lingua galega, franco.- Galego, galeguista.- Home de ben, home de humor, home de palabras loadoras.- Idealista e realista ó tempo, incardinado nas distintas culturas, intuitivo, irmán agarimoso do Cristo obreiro, irmán de todos.- Liberador, libre antes ca nada, loitador a prol da causa obreira.- Magnánimo, mestre.- Nobre.- Optimista.- Paciente, personaxe vigués,pioneiro,pobre,profeta, progresista, promotor social e cultural, providencialista, prudente en sentido evanxélico.- Rico en entrega,rompedor.- Sereno, sincero, sinxelo, social, solidario, sorridente.- Universalista.- Xeneroso, xesuíta.

Para rematar xa, anoto algo moi breve, inédito ata este intre, co que me atopei hai un par de días entre os seus papeis. Cara á fin dunha das súas vellas homilías, escritas a máquina, con data do ano 1978 escribía Seixas o seguinte: “Hoxe máis que nunca e calquera que sexa o futuro de Galiza e do Estado Español, cómpre dar un testemuño de fe en Deus e de amor aos nosos irmáns pra facer antre todos unha Galiza nova e unha Igrexa máis pura, máis humana, máis de acordo co pobo galego”.

Como vedes, todo un programa de apertura ó novo a tódolos niveis: político, social e relixioso. Seixas era así.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES