Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os infinitos Camiños de Santiago

viernes, 28 de julio de 2006
Hai apenas dúas décadas, o Camiño de Santiago era o que segue en terra unha ruta que marca no ceo a Vía Láctea, o que entra por Roncesvalles ata chegar a Compostela despois de recorrer un millón de pasos en terras españolas.

Pero o “éxito” de Compostela foi tal que se multiplicaron os camiños; que a nosa memoria colectiva acordou que non só había o gran Camiño, que será o máis coñecido e frecuentado, senón varios máis… O que viña de Portugal, o do Norte, o da Prata, o que chegaba polo mar… E, naturalmente, o Camiño Primitivo, o que seguíu o primeiro Rei peregrino desde Oviedo ata chegar por montañas asturianas e lucenses, en ruta segura cando os árabes ocupaban terras de máis cómodo acceso.

Hoxe, os camiños a Compostela por terras galegas son tantos case como concellos, porque en todos eles aparecen pegadas de devoción, de memoria, de historia.

E fóra, aparecen pegadas santiaguesas en toda Europa, porque de todo o vello continente viñeron millóns de peregrinos descubrir a tumba do Apóstolo nas terras da fin do mundo para facer de Compostela a capital de Occidente.

Pegadas de Compostela chegan agora de U.S.A., onde está de moda estudiar o Camiño, sendo xa doce as universidades que ensinan ós seus alumnos os feitos desta peregrinación milenaria. E expertos da Universidade de California (Ucla) están a traballar coas novas tecnoloxías para facer unha reconstrucción virtual da Catedral e o seu contorno, para poder coñecer como era a Catedral medieval, situando este proxecto á altura de similares estudios do templo de Xerusalén ou a basílica romana de Maxencio.

Será unha ferramenta perfecta para historiadores, arqueólogos, arquitectos, estudiosos ou simples turístas xa que a través de Internet poderase compartir a escala mundial.

Chega así o Camiño á súa verdadeira dimensión, á que modestamente tamén colaboramos desde Galicia Dixital co noso portal de Turismo. A Rede leva a todo o mundo a realidade de Compostela e os seus Camiños. Que son infinitos, e para Galicia son unha bendición.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania