Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre nos quedará o porco

lunes, 02 de noviembre de 2015
Por fin parece que rematou o caso de Asunta Basterra. Tan só oín na radio o seu nome e algo de acusados. Suficiente para cambiar de dial na radio e poñer música ó momento. Nin tan sequera me importa a condena, se é que houbo algunha. Os medios, ás veces, tamén deixan moito que dicir: montan todo un barullo, todo un estrondo sobre ese asunto e non porfían sobre outros máis perigosos, máis espantosos e máis urxentes. Por exemplo: segue o tema dos refuxiados, que son refuxiados por culpa nosa. Segue o tema das pateras, que tamén é culpa nosa. Segue a corrupción na política española e na política catalá. Somos culpables porque os votamos e os seguiremos votando. Somos culpables porque lanzamos bombas sobre Siria e en calquera recanto onde notemos que se nos poden torcer os regos. Somos culpables porque arrasamos por onde pasamos. E agora amólanos unha barbaridade que crucen o charco catro mortos de fame que nos queren quitar o sustento. Pois xa veredes agora cando China se multiplique, agora que xa están autorizados a ter dous fillos por matrimonio. Menos mal que sempre nos quedará o porco, ó que se lle aproveita toda a carniña habida e por haber, e por moito que diga OMS que é malo para a nosa saúde. Pobriños, mal saben eles que dos seus informes facemos uns roxóns para chupar os dedos ou unhas lasquiñas de xamón que saben a gloria bendita. Toda a miña vida comendo pan e touciño, pan e touciño e véñenme agora con caralladas da saúde. Infelices! Inocentes!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES