Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Francisco e Catalina

jueves, 27 de julio de 2006
A pensadora Emma Torralba, en “Eclesalia” do día 24 (na víspera do Santiago), deixounos esta reflexión que transcribo, traduzo e subscribo plenamente, fóra xa do balbordo das festas do Apóstolo. Cantas contradicións tivo que ver/escoitar o fiel discípulo do Señor, mesmo desde o mundo eclesial!. Espero recoñezan a parábola e se é cristián/á incluso se ruborice e mesmo senta vergoña pola súa/nosa pertenza a este rico e insolidario mundo de Occidente.

“Nisto....que se levanta o opulento Primeiro Mundo e lle pregunta: Mestre, que teño que facer para herdar a vida eterna!?. Xesús dille: Que é o que está escrito nos vosos libros sagrados?; que é o que din os vosos dirixentes relixiosos!?. E o Primeiro Mundo contestou:
-“Amarás ao Señor teu Deus con todo o corazón, con toda a túa alma, con todas as túas forzas e con toda a túa mente. E ao próximo coma a ti mesmo”. Ben contestado. Fai isto e terás vida!
Pero o Primeiro Mundo, querendo xustificarse, volve preguntarlle: -E, quen é o meu próximo?. Xesús contestoulle: -51 inmigrantes subsaharianos que fuxían das guerras, do saqueo, da fame..da morte; navegaban á deriva en augas internacionais entre Libia e Malta. Ían nunha débil barquiña (o "cayuco") sedentos e medio mortos.

Aquel mar vímolo todos. Pero os xudeus e os palestinos (agora tamén o resto do Mundo) están moi ocupados en matarse uns aos outros por un cacho de terra e deron un rodeo: defender o honor de Yhavé e de Alá, sacrificando vidas humanas, é agora a súa macabra obsesión. O mesmo fixeron os católicos...deron un rodeo e pasaron de largo; o Estado Vaticano non tomou a iniciativa de abrir as portas e acoller nos seus luxosos aposentos a tanta desesperanza.
Sen embargo, un pequeno pesqueiro, o “Francisco e Catalina”, cheo de persoas humanas/coherentes (cinco galegos alí) que ían faenar por aquelas augas para gañarse o pan de cada día, ollaron o cayuco, conmovéronselle as entrañas e foron a rescatalos. “Non somos heroes, somos mariñeiros, pero volveriamos a facelo”... dixeron ao ser preguntados polos periodistas que querían carnaza para converter a compaixón en espectáculo.

Subíronos a cuberta, vendáronlle as feridas, compartiron aceite, auga e viño. Todo o que tiñan. E todos arrexuntados aguantaron entre o estupor e a indignación a negativa das autoridades maltesas ao desembarco nas súas costas. Cada día que pasaba sacaban do seu bolso 6.000 euros da súa xornada laboral.
¿Que che parece?. ¿Quen de todos fixo de próximo dos náufragos!?. O Primeiro Mundo contestou: O que tivo compaixón deles. Xesús dilles: Pois... anda... facede vós o mesmo”.

O resto da “historia” xa a coñecen. Para máis inri, a maioría dos “salvados” tivo de acollelos a sempre presente, criticada e sacrificada España que xa tiña dabondo co Estreito e as Canarias. Onde está o resto dos países ricos e cristiáns de Europa!?. Sobran comentarios!!!. Supoño que lles soa a parábola de Xesús. Por si a esqueceron, poden atopala no cap.10 de Lucas (versículos 25-37).

Emma Torralba

(Tradución: Xesús Mato)
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania