Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas e galeguización

viernes, 30 de octubre de 2015
Noutros tempos as festas populares caracterizábanse pola variada proliferación de santos e santas avogosas que atendían ás máis variadas enfermedades ou achaques da saúde dos ofrecidos. Os avances científicos para o tratamento das doenzas foi relegando a un segundo lugar a eses intermediario relixiosos. Foi asi como as festas foron perdendo devotos e gañando un público que procura nelas espazos de lecer.

No mes de novembro as máis das comisións de festas xa se renovaron e están a programar as do próximo ano. É agora cando os chamados axentes artísticos achourílanas con rutineiras ofertas de escandalosos custos económicos.

Os seus organizadores renunciaron ao creativo exercicio de reinventar a festa. Non teñen en conta o imaxinario e mitos populares locais como fontes de recursos para artellaren propostas orixinais, atractivas, con maiores posibilidades de participación. Prefiren cair na absurda competencia coas parroquiais veciñas contratando a orquestra para a verbena que elas non foron capaces de conseguir, investindo así a meirande parte dos recursos arrecadados para esa finalidade.

Son poucas aínda as comisións de festas que poñen en valor os recursos históricos e patrimoniais da parroquia para ofreceren programacións que satisfagan o gusto dun público ávido, que busca no tempo de lecer espazos festivos diferentes baseados na recreación de tradicións locais de raíz propia.

MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA é unha proposta da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para sensibilizar ás máis de sete mil festas que se programan en Galicia na defensa e fomento da diversidade cultural do noso País. Os concellos teñen moito que aportar neste sentido, poñendo ao servizo das comunidades parroquiais a información e coñecemento das historias locais. Hai que reprogramar as festas a partir das súas particularidades, ao tempo que fomentar a galeguización dos seus programas e contidos. As nosas tradicións musicais e os grupos que as divulgan sofren a irresponsable marxinación dos organizadores. O desprezo polo propio e o entusiasmo polo alleo tolle a autoestima dos galegos.

Este sábado no Auditorio Municipal de Cangas, ás oito e media do serán,coa presencia dos alcaldes do Morrazo, presentarase unha nova campaña das MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA coa actuación de SonDeSeu, unha orquestra única das súas características, que é máis demandada fóra que polas comisións de festas de Galicia. Convidamos ás do Morrazo a participar neste acto e adherirse á Declaración das Mil Festas. Galeguizar Galicia é posible se hai vontade.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania