Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Literatura salmónida

viernes, 30 de octubre de 2015
Se hai unha revista singular no actual panorama galego esa é O Salmón Oval. A súa peculiaridade nace do feito de xunguir naturalmente nas súas páxinas rugby e literatura e de facelo, amais, na lingua nosa.

Literatura salmónidaAndando o verán distribuíuse a terceira entrega desta publicación capitaneada polo escritor e tradutor Isaac Xubín, quen contou para a cuberta con María Fernández Novoa e para o patrocinio co Concello de Pontevedra, unha das localidades de Galicia onde este deporte está máis arraigado.

Dende o literario este número non pode ser máis suculento: testemuños-relatos de Uxía Vázquez e Daniel Landesa, un poema de Eli Ríos cos All Blacks ao fondo e un texto breve sobre gastronomía novelística de Ledicia Costas, onde explica cal foi a ‘cociña literaria’ da que naceu Escarlatina, a cociñeira defunta.

Completan o número unha sucinta historia do rugby asinada polo propio Xubín; biografías verbo de grandes deste deporte como o mítico dragón galés Gareth Edwards, a inglesa Emily Scarrat ou o arxentino Hugo Porta, entre outros; entrevistas a xogadoras en activo como a membro da selección estatal e natural de Bealo (Boiro) Vanessa Rial, do Club de Rugby Arquitectura Técnica (CRAT), e un moi interesante apuntamento sobre a traxectoria da Galipedia e a inclusión na mesma de entradas sobre o deporte oval que asina un dos responsables da mesma, Adrián Estévez Iglesias.

Máis unha vez, O salmón Oval demostra como rugby e letras van da man e os valores e a épica deste deporte xunguen, perfectamente, cos ideais que a mellor literatura espalla. Beizón a esta terza entrega e que veñan moitas máis!
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES