Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora Noruega, e Galicia a velas vir

jueves, 27 de julio de 2006
De cando en cando, xurden novas que nos falan de que os nosos barcos teñen problemas coas autoridades de algún país polas súas actividades pesqueiras.

Parece como se os barcos galegos que navegan polos mares e océanos en busca de peixe estivesen expostos a tódolos avatares da política e da economía, sen máis axuda que Deus do Ceo. E, para os non crentes, Neptuno, o Deus do Mar.

O último, Noruega, que detivo a tres barcos de nome Arosa (9, 15 e 12), polos que pide un rescate multimillonario, a xeito de multa.

Tamén nesto é bo ser poderoso. Se fose de USA unha nave capturada por Noruega, por Canadá, Marrocos ou Andorra (o de non ter mar, só é un pequeno detalle), faltaríalle tempo a Army para enviar un destructor ou un portaavións á zona para que se soubese quen manda en calquera situación de conflicto.

Desde aquí, pénsase na posibilidade de recurrir ó Tribunal de La Haya, e antes a negociacións que van a emprender os diversos ministerios implicados no tema.

Mentras tanto a vista oral fíxose en noruegués, o representante da empresa declara en inglés, e a Unión Europea estará ocupada co problema do Líbano.

De xeito que se a U.E. non toma cartas no asunto, e os Ministerios de Madrid van negociar, e a Consellería de Pesca aínda non puxo o berro no ceo, mal van os tres barcos amarrados en Noruega, e mal imos todos se a cousa funciona así.

Diante o de Noruega, estamos “a velas vir”. Ou sexa, de brazos cruzados, a ver se a solución cae do Ceo. ¡Chove!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania