Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Polos arrodeos de Uxío Novoneyra

viernes, 30 de octubre de 2015
Estamos a lembrar o XVI aniversario do pasamento de Uxío Novoneyra (30-10-1999), e un procura as súas rotas en busca de tódolos centros de Galiza, por desvíos e arrodeos. E nesta nostalxia de volver ao camiño certo, tendo por guía ao mestre de tódalas camiñadas que tripou polas valgadas e tesos coureláns, abrindo roteiros de amizade poética. A súa palabra, como espada de dous gumes, a tallar a ignorancia e a vaidade que prolifera nesta Galiza irredenta, sempre apaixonada para servir e nunca ser limitada en seus camiños.

A palabra viva e poética de Novoneyra é como un libro de gozos cando nela visualizamos camiños longos e abertos, aínda non desandados na penuria que nos cerca. Os seus camiños sempre traspasaron cercados, muros e sebes. E por ese itinerario de todos, o poeta inculca o verbo antigo, tan preciso e necesario para que rexurda, en tódolos ámbitos, e non fique ausente palabra popular.

No misterio das cousas con pertenza galega, Uxío Novoneyra abriu rotas curtas e longos roteiros de liberdade, sempre na mesura de tecer amores con Galiza. E na súa misión de viandante polas asperezas desta patria incomprendida, o poeta de tódalas Galizas posíbeis, ergueu a súa voz sinxela e na plenitude de súas resonancias, convídanos a abrir camiños de benquerencias. Rendémoslle homenaxe a Uxío Novoneyra, por enriba de calquera cumprido protocolario.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES