Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

sábado, 31 de octubre de 2015
Confía en probar bocado. O can ponse coma toliño porque ten a cadeliña moi preto. O can non é parvo. A cadeliña ládralle a un can grande que vén alá ó lonxe. Os cans pequeniños sempre se poñen fanfarruñeiros, moi farrucos ante os grandes. Porque tampouco son parvos. E saben que o amo o defenderá sempre, incluso tamén o amo do grande. A ver!, ninguén deixa que lle boten a boca a esa cousiña.

A cadeliña non lle fai nin caso ó cadelo que lle ladra. Pero este sigue en plan saído. Os donos dos animais dedícanse a gastar bromas á conta dos cans. Bromas con dobre intención, claro. Cando se fala de sexo, de calquera clase de sexo, adoitamos facer uso da dobre intención, é dicir, da pura e auténtica retranca.

O can, nótaselle a leguas que babexa. Normal! Non a todas as horas ten unha cadeliña de diante. Ó mellor ata confía un chisco en probar bocado. Vai ti saber. Non obstante, pouco a pouco calma as súas ansias e de cando en vez xa senta e xa deixa de ladrar. Pero sigue babexando, claro.

SEN XEITO NIN DEREITO
Ves como penso que te fuches aínda que non te foras? Quen se foi? Quen se vai? O ruxerruxe do ruído ou a calma do silencio? Nin os Anxos Custodios saben a quen custodiar. Todo é unha argallada dun personaxe que quere actuar nunha obra que aínda está por escribir. Ves como penso no que pode acontecer aínda que non se mova unha palla? Que vai acontecer? Ó mellor nada. Ó mellor asoma un maremoto ó lonxe para levar todos os pensamentos mal pensados ó limbo dos inocentes coitados. Ás veces cóntanse cousas sen xeito nin dereito. Iso é o que din algúns. Outros contamos aquilo que nunca se contou. Ou se se contou ninguén se atreveu a lelo. Si que hai que ter valor para ler certas parvadas ou certos parágrafos que non contan unha carallada. Ves como me vou polos cerros de Úbeda aínda que me atope no Outeiro Barbeiro de Baños de Molgas? É que non che é o mesmo. Que va, que va! Úbeda está alá no quinto inferno, mentres que Baños de Molgas está a pouco máis de dúas leguas. Ves como Sabina axeita os meus sentimentos cos seus versos? Máis ou menos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania