O camiño da felicidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 29 de octubre de 2015
Estou convencida de que todos aspiramos a ser felices.
¿Si ou non?
Tamén estou convencida de que non sempre somos felices porque a vida ponnos moitos atrancos.
¿Certo?
Daquela
¿Qué podemos facer para ser felices?
A min paréceme que o primeiro é saber busca-lo camiño que pode conducirnos a levar unha vida feliz.
Na actualidade hai no mercado navegadores moi sensibles, -deses que levan os coches- que nos van indicando por onde imos, se hai un radar, unha gasolineira, a que velocidade temos que ir, etc, etc.
Pero
¿Onde venden o navegador que nos indica o camiño da felicidade?
¿Non o sabe?
Pois é ben doado conseguilo:
-Ese navegador está ó alcance de calquera peto.
-Ese navegador non se vende en ningún sitio.
-Ese navegador levámolo incorporado desde o momento da concepción, tódolos humanos.
¿Cómo? preguntarase vostede.
- Eu pensaba que os navegadores é algo que nos ofrecen as novas tecnoloxías
-¿Daquela é tan antigo como a humanidade? seguirase preguntado.
Pois ó meu entender: direille que sí.
Eu téñoo moi claro.
Ese navegador está dentro de nós; pero non o pode ver ningún cirurxián por moito que remexa no noso organismo.
Porque ese navegador non é nada material, nin dixital; é un navegador espiritual.
-¿Espiritual?
-Daquela. ¿Como se sabe que existe? segurase preguntando vostede.
-Ese navegador existe no noso ser interno, na nosa alma.
Pero
-¿Quen viu a alma?
-A alma é eso que a Psicoloxía califica como Psique.
Tamén din que existen cámaras de moi alta resolución que captan como a alma sae do corpo no momento do noso pasamento.
Se sae, é porque habita dentro de nós.
Tamén está dentro de nós a conciencia, esa voz interior que nos vai dicindo.
-Cando o que facemos está ben feito.
-Cando debemos rectificar ou reconducir o noso modo de proceder.
Cando a conciencia aplaude o que facemos, significa que imos polo CAMIÑO DA FELICIDADE.
E se imos polo camiño que leva á felicidade, xa temos a firme esperanza de que algún día a alcazaremos:
Ata hai momentos nos que parece que xa a temos nas nosas mans.
Entonces o gozo é máximo.
¿Lembra cando naceu o seu primeiro fillo, cando aprobou unha oposición, cando se enamorou por primeira vez..?
Pois eso.
Eso que moitas veces chamamos: bocadiños de ceo
Polo tanto o camiño que leva á felicidade está ó alcance de todos independentemente da raza, da cor da pel, da relixión, da ideoloxía, da economía
Sendo así:
¿Por qué hai tantas persoas infelices?
As razóns poden ser tan variadas como as mesmas persoas, porque din alí que: cada persoa é un mundo.
Pero en liñas moi xerais podemos concluír que para atopalo camiño que leva á felicidade, hai que dedicarlle tempo.
DEDICAR TEMPO A SER FELICES
Todo o tempo necesario para reflexionar cal debe ser o noso xeito de enfoca-la vida para que nos sexa un pracer vivila.
Coido que non é tan doado como pode decirse nunha sociedade competitiva e acelerada que nos absorbe máis do necesario en non poucas ocasións.
Seguro que vostede deixa traballado moito por ser feliz e facer felices ás persoas coas que convive; pois xa está vostede na camiño da felicidade.
A humanidade ten moito que agradecerlle porque sabe que seguirá loitando con tódalos medios ó seu alcance para que a felicidade chegue a tódolos humanos.
Eu a pesar das miñas dificultades- tamén vou por ese camiño; -ou eso creo- e se algo ou alguén me estorba, poño terra por medio e sigo andando para disfrutar canto máis, mellor da felicidade.
¿A vostede non lle pasa algo parecido?
Se aínda lle falta algo: REGÁLESE TEMPO PARA SE FELIZ.
Moitas grazas pola felicidade que me produce saber que me está lendo e se lle gusta- confío que de vez en cando o seguirá facendo.
Graciñas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora