O proxecto 'Os Vilares, Lareira de Soños', que dirixe Pastora Veres, reafirmou o pasado domingo na Casa Escola Habanera da Conchada, nos Vilares a súa vocación colectiva e comunal ao xuntar a trinta veciñ@spara dar conta, correxir e aportar aos textos do libro para o que foron entrevistados. A tarde fíxose curta polas aportacións, dialogos, aclaracións da veciñanza que demostrou ser a memoria viva da parroquia do poeta Díaz Castro nunha xornada histórica. Os maiores da parroquia, algún deles con problemas de mobilidade e saúde, acudiron á cita ilusionados e animados como o facían de cativos nesa mesma escola moitas décadas atrás.

Xa a comenzos do mes de outubro, na conmemoración do XXV cabodano do pasamento do poeta, Os Vilares, lareira de soños promoveu un acto do que xurdíu outro colectivo: a NPG, Nova Poesía Guitirica, unha

fornada de nova literatura e arte dos Vilares e Guitiriz que levarán adiante novas iniciativas e traballos.
No documentario que acompañará o libro de Pastora Veres e dirixido por Cibrán Tenreiro, serán os vilaregos e vilaregas os protagonistas e narradores da súa propia historia sen máis intervencionismos que os que obriga a técnica.
As redes sociais do proxecto, unha web, un facebook de casi mil aderid@s, grupo de watsapp... teñense convertido xa en instrumentos de participación interactiva nos que se aporta, opina, e en definitiva onde se participa directamente e en tempo real da información e iniciativas da parroquia dos Vilares.
O que se iniciara como unha encomenda de Manuel Maria a Pastora Veres naquela primeira Romaría Labrega da Chaira para facer unha publicación, tense convertido nun proxecto multidisciplinar e comunal e de grande participación que leva criado o Premio Trapeir@ de Honra, a Nova Poesía Guitirica, o documentario da parroquia, promovido a cadeira de Díaz Castro nos Galipizza, os roteiros Andares polos Vilares, redes sociais, xuntanzas, investigación e documentación, que o poema de Marica Campo a Pedro Trapeiro fora musicado por Fuxan os Ventos para o seu novo disco, encontro entre antigos músicos dos Vilares, etc...
Sen dúbida un camiño labrado polo noso pasado e aberto ao futuro do que nos sentimos honrados polo apoio e participación e ao mesmo tempo facendosos e orgullosos de formar parte desa lareira viva de soños chamada Os Vilares.