Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen mobilización, a lei non é nada

miércoles, 28 de octubre de 2015
Esta mañá veu á miña cabeza unha frase que lin a semana pasada, con orixe en Bruno Bertolio, sindicalista uruguaio, a conto da evolución política, social e económica no seu país. É sinxela e intuitiva. É a que serve de título a esta entrada: Sen mobilización, a lei non é nada.

Sen mobilización, a lei non é nadaAínda así, necesita algunha aclaración. Non é o mesmo unha lei inspirada polo pobo, que ten que verse mobilizado para que se exerza, que outra inspirada dende o poder, que só ten que poñer en marcha a maquinaria de relacións (como moito).

Unha lei pode ser moi boa, pero como non teña un mantemento, un coidado, un cultivo, como calquera cousa viva, remata morrendo, perdéndose, ben por desuso, ben sinxelamente por cambio.

É algo que estamos a comprobar por estes lares: se non estamos mobilizados en base a unha concienciación, mesmo se poñen 'impostos ó Sol', que non son tal, senón un roubo de cartos e posibilidades, unha transferencia vital e de recursos dunha extensa parte da sociedade a outra, abondo máis reducida e con vantaxe de saída, que actúa de aspiradora.
Por certo que, como na imaxe, a 'aspiradora' ten sempre alguén que a manexa; ás veces, alguén de aluguer.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES