Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Embalaxes

lunes, 26 de octubre de 2015
Hai que ter moita man para atreverse. Hai que ter moita man, moita humildade e moito respecto, ó mesmo tempo, para ser quen de propoñer un xogo artístico de tal calado sen correr o risco de que o espectador coloque ó artista nun plano de perigosa prepotencia ou de ser tachado de atrevido, cando menos. En resumo, hai que ser Leandro Sánchez para facelo.

Quen non o coñeza -que despois de máis de tres lustros entre nós, xa non hai razóns para tal carencia- aínda terá tempo hoxe pola tarde e mañá para achegarse ó Centro Cultural "Marcos Valcárcel" e gozar, en soidade ou acompañado, dese xogo de "embalaxes" que o pintor mallorquín afincado en Ourense propuxo desta volta e que constitúe un remedo de intertextualidade artística -ou un diálogo tan audaz como agradable entre o propio Leandro e algunhas das máis poderosas firmas da historia da pintura universal.

Para quen non saiba del aínda -que loxicamente ninguén está na obriga de saber de todo-, direi que despois de ter experimentado desde tódalas arestas posibles o hiperrealismo plástico en distintas salas da cidade e doutros lugares de Galicia dende que reside en Ourense, logo de ter chegado a colocar no Museo Municipal o cartel de "aberto por obras" e de amosarlle ó espectador ata qué punto unha boa man artística é capaz de enganar ó ollo humano e, no seu conxunto, á nosa capacidade perceptiva, agora, Leandro, acaba de sorprender ós amantes da dos cromatismo en dúas dimensións cunha das propostas artísticas máis singulares que probablemente teñan pasado polo Centro Cultural ó longo das máis de dúas décadas que o edificio mantén as súas portas abertas.

E é que "Embalaxes" -que así se titula a última aposta de Leandro Sánchez- é unha calectánea de obras a medio embalar na que nin as pinturas que reproduce non son reais -no sentido de que non son orixinais, senón reproducción marabillosamente conseguidas de artistas tan magníficos como Veermer, Klimt, Antonio López, Sorolla, Picasso ou Van Gogh- nin reais son tampouco os propios embalaxes, producto paravisual da -como levo repetido ata a saciedade- firme man dun artista tan singular como humilde e respectuoso coa obra dos grandes.

Repito, se aínda non tivo vagar de achegarse ó Centro Cultural da Rúa do Progreso, non perda a oportunidade e déixese levar esta fin de semana ata alí. Non lle pesará porque non tódolos días ten un a oportunidade de contemplar unha "señorita" de Sorolla paseando pola praia, un "arlequín" de Picasso, un "campo" de Van Gogh ou unha panorámica do Madrid de Antonio López a piques de embarcar para o Museo Metropolitano de Nueva York e non botar en falta na mirada a man do seu autor orixinal entre madeiras imposibles e intocables cintas de embala
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES