Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A alegría do Alzheimer

lunes, 26 de octubre de 2015
O alzheimer é un tema escabroso. E se aínda por encima digo que é unha alegría, algúns ata me poden saltar á xugular. Imaxino que o sufrimento será segundo a evolución da enfermidade. O sufrimento dos familiares. Porque o enfermo penso que non sofre. Simplemente vai perdendo os recordos. O que pasa é que nós sempre nos pomos na situación de “pobriño, xa non se acorda de certas cousas ou de nada”. Iso non é sufrir; para o enfermo xa non existen. O enfermo de alzheimer vive ó día. Se non se acorda dos fillos é porque, para el, xa non existen tales fillos; simplemente unha persoa que lle está facendo cousas, e punto. Quen realmente sofre é o familiar, o que o coida. Ou non.

É certo que un enfermo de alzheimer ata moito. Pero, polo demais… nunca me rira tanto co meu pai. Nin el nunca se rira tanto; principalmente cando o deitaba, que era cando máis o tiña que axudar e tiña que distraelo como puidese. Ás veces custaba botarlle unha man porque os dous escachabamos coa risa. Ó enfermo de alzheimer compároo cos fillos: que causan dores de cabeza, pero por un sorriso seu… O pai ataba, pero aquelas gargalladas da noite. E importáballe un carallo quen fose eu. El vivía aquel momento. Ó non ter recordos, para el xa non existía nada do pasado. Unha persoa sofre moralmente cando lembra algo malo. El non lembraba xa nada e vivía a súa vida, a daquel instante; na que lle doería un oído, o un golpiño, ou unha picada, como a calquera mortal; pero tamén na que se ría, e cantaba, e falaba só e te quería aínda que, para el, xa non foses fillo, simplemente alguén que o coidaba.

Non me houbese importado telo así sempre; nunca o vira tan feliz, con tanta alegría!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania