Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Envellecer

lunes, 26 de octubre de 2015
"Como che gustaría envellecer"?, pregunta a UNED Sénior da Galicia Rural O ser humano empeza a facerse preguntas no momenmto en que é capaz de empezar a articular as primeiras palabras con significado propio.

Cada vez –dado que as criatiras están moi estimuladas- empeza máis cedo. Ó principio fan moita graza porque son preguntas inocentes e inxenuas.
Conforme imos avanzando en idade cronolóxica, as preguntas fanse máis obxectivas, van dirixidas a un obxectivo concreto.

Na etapa académica, as preguntas van dirixidas ó saber en liñas xerais. Son preguntas con interese cultural e formativo.
Andando o tempo, xa na idade adulta, as preguntas collen novos matices; hainas de tódolas cores:

-PREGUNTAS PURAS E DIRECTAS:
¿Queres vir comigo á festa?

-PREGUNTAS CON SEGUNDAS INTENCIÓNS:
E logo…(con retranca)
¿Non che valía a pena comprar un coche máis pequeno?
¿Para que queres un tan grande para ti soa?
(Nin que lles pedirás algo)

-PREGUNTAS OPORTUNAS:
Hai una actividade cultural en tal sitio.
Levo prazas baleiras no coche ¿Queres vir?

-PREGUNTAS INOPORTUNAS.
¿Qué comedes na vosa casa?
¿Cantos cartos tes na libreta de aforros?
-Etc, etc…

A min e a outras persoas en idade máis ou menos avanzada, preguntáronnos:
¿CÓMO LLE GUSTARÍA ENVELLECER?
Estou convencida que esta pregunta se nos fai para ver como podemos encauzar da mellor da forma posible esta etapa da vida.
Fíxonola o Coordinador da UNED Sénior na Galicia Rural.
Seguramente será coa sa intención de estudiar diferentes actividades que nos faciliten a mellor manera de vivir.

Pois ben, no meu caso:
Para empezar direi que a ancianidade é una etapa máis da vida.
Cada persoa enfócaa á súa maneira:
-Coñezo persoas que traballan incansablememnte porque se encontran ben de saúde física e mental e así o consideran oportuno.
-Coñezo persoas que –coñecendo as súas limitacións físicas- se desviven por axudar ós fillos a subi-los netos, porque o seu amor por eles é tan grande que se esquecen delas mesmas en moitas ocasións.
-Coñezo persoas que –ante os achaques propios deste momento- xa din que non valen para nada, que a súa vida non ten sentido, que dan moito traballo, etc, etc.
-Coñezo persoas que falan de irse a vivir os últimos días a unha residencia para non dar traballo ós seus fillos.
-Coñezo persoas que quixeran ser atendidas no seu do fogar rodeadas dos seus seres máis queridos.
-Coñezo persoas pesimistas, que pensan que non van ter quen as coide cando as forzas desfallezcan.
-Coñezo persoas optimistas que confían nun nfuturo prometedor.
-Coñezo persoas que queren descansar cos seus pais no seo da terra, cando a hora chegue.
-Coñezo persoas que queren dá-lo seu corpo á ciencia.
-Coñezo outras que queren ser incineradas.
-Incluso hai quen cre na crioxenización, -por si acaso no futuro aparece algún remedio para os seus males- e poder volver a esta vida terrenal non sei moi ben ata cando.

En fin:
EU TEÑO VARIAS COUSAS MOI CLARAS:
1.- Que quen non morre de novo, chega a ancián.
2.- Que a ancianidade hai que preparala nas etapas anteriores.
3.- Que a ancianidade é una etapa tanto ou máis interesante que as ateriores.
4.- Que hai que deixar un espazo para o misterio, porque a vida dá moitas voltas e nunca se sabe o que pode pasar.
5.- Que cada persoa persoa vive a súa propia ancianidade.
6.- Que de aí para diante…outra etapa nos espera.

E COMO ESTA PREGUNTA MA FIXERON A MIN EN PARTICULAR, DIREI:
-Que dou grazas a Deus ante todo, á vida mesma e ás persoas que me axudaron a vivir ata o día de hoxe.
Estou entrando –ou xa entrei case sen decatarme- nesta etapa chamada ancianidade.

-Que penso que a preparei e que a sigo preparando o mellor que eu entendo dentro das miñas capacidades: mentais, económicas, e espirituais.
Consederaro e considerarei esta etapa moi productiva, de feito sigo levando una vida moi activa tanto a nivel individual como social.

-Que deixo un espazo para o misterio porque non sei o que vai a pasar nin como vai a pasar de aquí en diante.
Quero confiar que todo sairá ben, porque a Providencia sempre me levou da súa man.
Sempre puxo no meu camiño, persoas que me axudaron a chegar feliz ata o día de hoxe.

-Que teño moi claro que a miña ancianidade é miña, porque cada persoa ten a súa única e intransferible.
Cando chegue o memento de verme en apuros, pido a Deus fortaleza e confianza para chegar ata o final deste camiño terrenal.
E –cando me che a hora final- quero poñerme nas mans do meu Creador, igual que levo feito toda a vida, e despois xa El sabe cal é morada que me ten reservada.
Confío que será na súa presenza e na compañía das persoas que máis amei e que máis me amaron nesta vida.
E PARA RESUMIR, DIREI QUE VIVO ESTA ETAPA EN PAZ CON DEUS, COS DEMAIS E COMIGO MESMA E –PRECISAMENTE POR ESO- A VIVO CON TODA A ESPERANZA DE QUE SON CAPAZ.

Esto é o que penso como muller crente que son.
Para min a “fe cristiᔠé a riqueza máis grande que teño. Seguramente que é a única riqueza, porque o resto vouno deixar todo aquí o día menos pensado.
Dou moitas grazas á miña familia por educarme nos valores cristiáns.
Tamén as dou ás persoas que ó longo da vida me axudan a levalos acabo.

E no meu epitafio gustríame que puxeran:
O meu nome
A miña data de nacemento e pasamento
“GRAZAS A DEUS POR TODO”

Eso mesmo puxen na tumba dos meus antepasados.
Comigo, xa farán o que consideren oportuno.
Doulles as grazas anticipadas para que o fagan o mellor que poiodan e o mellor que saiban.

(Mercedes Cachaza Platas é Alumna da UNED Sénior en PADERNE (A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES