Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ecuación

viernes, 23 de octubre de 2015
Non pretendo traerlles aquí un capítulo das Matemáticas. Supoño que tiveron bastante pelexa con elas no ensino, e as estatísticas e iso da estocástica élles cousa dos economistas e dos políticos, que son moi afeccionados a formular previsións do aleatorio. Vou intentar sacarlle algo de xugo a outra clase de ecuacións, algunhas das cales soemos utilizar nas nosas argumentacións coloquiais –máis ou menos candentes, acendidas– nas discusións de matiz ideolóxico.

Permítanme, en contra do habitual nestes días, deixar a Mas aló en Cataluña, coa súa comparsa na escalinata do Tribunal Superior de Xustiza, facendo alarde dun talento que lle negan as preguntas e non evidencian as respostas: Unha oportunidade máis desaproveitada polo Sr. Rajoy para evitar a impresión de vivir nun país “tercermundista”, do que el é Presidente, precisamente cunha maioría absoluta nunca acadada nestes case 40 anos de democracia. E nada máis...!.

O Mundo tamén ten moitas partituras desafinadas. Quixera ofrecerlles aquí hoxe un espazo de reflexión, que me suxire un importante traballo de D. José Luís San Miguel de Pablos , xeólogo, doutor en Filosofía e Profesor, que publicou en “Tendencias21”, da Universidade de Comillas.

Este autor, entre outras, ten unha obra que titula LA REBELIÓN DE LA CONSCIENCIA, na que escribe que “o materialismo é a filosofía NATURAL do capitalismo”, e referíndose a esta afirmación, no traballo mencionado, dinos o seguinte:

“Creo que debo insistir nisto, especialmente de cara os que seguen crendo que o materialismo é unha postura filosófica progresista. Porque, aínda que historicamente puido selo, esa asociación non se pode seguir mantendo. Certamente hai e seguirá habendo materialistas filosóficos, pero a ecuación MATERIALISMO TEÓRICO = ESQUERDA POLÍTICA, que inda moitos dan por boa, fíxose insostible”.

E non se alarmen, porque este douto profesor ten algúns exemplos. Sostén que hoxe o neocapitalismo pasa por alto o sufrimento en que viven aqueles que el exclúe como “material desestimable”: os maiores improdutivos, que viven demasiado e son unha pesada carga para a sociedade, e as masas de emigrantes que foxen da fame, pola desertización que nos seus respectivos países produciu o PROGRESO materialista, espoliando a natureza, “desacralizandoa” previamente, porque considerala sagrada é cousa de pobos primitivos e salvaxes, din os que saben de todo, menos disto, etc.

Confésolles que se eu entendo algo, aquí todos están (estamos?) xunguidos ao revés: Mentres a esquerda política, que todo pretende resolvelo en termos materialistas, predica e pretende poñer en práctica unha concienciación humanista e defende unha peculiar idealización da vida, en xeral, ata atribuír dereitos aos animais, os neocapitalistas practican un evidente materialismo, que non repara en por reservas especialmente ós valores da vida que non PRODUCEN.

Por outra parte, se a esquerda política defende un control económico do Estado, a pretensión de verse libre de regulacións estatais é proverbial, salvo para a captación de recursos, do neocapitalismo que, ademais, adoita converter nun mito o mercado, da mesma maneira que os socialismos pensan conducir aos cidadáns ao paraíso do benestar.

A deshumanización neocapitalista plásmase, incluso, na redución de postos de traballo, sen preocuparse da quebra da confianza na seguridade económica e da estabilidade adquisitiva. Pero neste contexto a visión do mundo está centrada nunha obxectividade que só inclúe cousas susceptibles de ser convertidas en mercancías, TEÑAN OU NON VIDA, é dicir, nun materialismo que os axentes do sistema enmascaran nas adquisicións de obras de arte, luxo de consumo ou esporádicas esplendideces en forma de donativos ben soados, para crearse unha atmosfera de falsa espiritualidade.

A ecuación falla porque nun membro figura un materialismo que non se avén co outro membro que filtra a consciencia e a espiritualidade aló polos seus recunchos máis resgardados, para ocultar unha viciosa estratexia hipócrita. E a isto confirmo a sensibilidade espiritual cando busca un certo matiz esquerdista para facer valer practicamente os valores éticos, como evidenciou a sintonía do Papa Francisco no Parlamento Europeo.

Pero falla tamén porque non entra en relación o neocapitalismo, a estrema dereita, como se esta non tivera ao materialismo como un recurso, aínda que tamén disimulándoo nunha “viciosa estratexia hipócrita”, para desvalixar impunemente os ecosistemas terrestres ata onde dean diñeiro.

Curiosamente, a esquerda axita a bandeira materialista para distraer un certo espiritualismo de fondo, e, mentres tanto, na outra beirarrúa está o neocapitalismo axitando a cultural e espiritual, para disimular as actitudes materialistas.

O caso é que, mentres tanto, o solo patrio de todos os cidadáns queda sen varrer dos endebedamentos, dos déficits comerciais, do escaso crecemento da produtividade, dunha escasa axilidade nos servizos sanitarios, das deficiencias no ensino, das vergonzosas diferenzas sociais, da alta criminalidade e violencia, do bloqueo dos mesmos sistemas políticos por camarillas económicas, das corrupcións, etc., e, no noso caso, como reiteramos noutras ocasións, deixar por en tea de xuízo os máis elementais principios que garanten a unidade nacional.

E se o pensamos ben, seguramente haxa acordo en que, polo menos en Europa, con efectos multiplicadores en España, moito de todo isto está agravado por unha FALTA DE TRANSCENDENCIA POLÍTICA. Explícome: Sobran políticos e politicastros, e carecemos de HOMES / MULLERES DE ESTADO, que son aqueles / as que TRANSCENDEN o ámbito político, sobrevoando as marañas do mesmo, e resolven os problemas das sociedades con eficacia, volvendo o sosego e a tranquilidade aos pobos.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES