Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terrorismo en Galicia

lunes, 24 de julio de 2006
Agora que parece reconducirse o tema do terrorismo no espacio máis conflictivo do Estado español, aparece en Galicia o que desde un punto de vista técnico se denominará terrorismo de baixa intensidade pero terrorismo ó fin.

Na pasada semana, un artefacto destruíu a sede dunha empresa constructora especializada en obras públicas, perto de Santiago de Compostela.

A finais de xuño, outra explosión dañaba de xeito importante maquinaria de obras públicas vinculada ás obras de construcción dunha autovía tamén perto de Santiago.

Daquela supúxose a vinculación desta explosión cun terrorismo ultranacionalista emerxente en Galicia, do que non se volveu falar, pero suponse que existe.

Xa estabamos convencidos de que o terrorrismo non tiña nada que ver co noso país. Que despois das intentonas de Eta para lograr asentar en Galicia unha base terrorista nos anos setenta, demostrado que non era viable daquela, ningunha outra acción ou plantexamento podería callar no noso territorio, pacífico por natureza, alleo a todo tipo de violencia.

Os últimos acontecementos veñen a evidenciar que algo oscuro se move entre nós, que hai unha facción – aínda que sexa mínima- de galegos, que optan polo terror e non pola palabra. Que en lugar de dialogar, esixir ou protestar, poñen bombas para facerse escoitar moito máis alto, moito máis lonxe.

E non pode ser. O estado de dereito, do que tanto se fala e tan manido resulta o concepto pero ahí está, debe funcionar. En Galicia como en calquera outro lugar. Pero aquí é onde nos afecta, e onde temos que preocuparnos.

Se as autovías non interesan, ou perxudican, que se saiba, que se denuncie, que se reclame. Que o noso ordenamento ten mecanismos dabondo para que todo o mundo sexa escoitado.

Pero a violencia non conduce a nada. Todo terrorismo é ruín por definición, e contra el deben loitar tódalas forzas que nos defenden, e tódolos poderes que nos representan.

Trátase dun asunto de primeira e extrema necesidade sobre o que necesitamos axiña noticias e claridade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES