Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No mundo hai sitio para todos

jueves, 22 de octubre de 2015
Hoxe en día non abondan as familias numerosas; pero non fai moito que as casas –especialmente as labregas- estaban abarrotadas de membros da familia:
Avós, pais, fillos, cuñados, sobriños, solteiros, casados e en moitos casos algún achegado.
¿Lembra alguna familia desas características?

As casas –en xeral- non eran nin moi grandes nin tiñan moitas comodidades, pero a necesidade obrigaba a amañarse co que había e ninguén se quedaba a dormir fóra.

Aínda que pareza mentira, hai veces nas que a necesidade une á persoas humildes.
Polas festas do patrón xuntábanse tódolos membros da familia e –chegada a noite- cada quen buscaba o seu recuncho fora na cama ou no faiado.

Os nenos dormíamos uns cos pés para a cabeceira e outros ó revés. Dormíamos así e –o mellor de todo- eramos felices e desexabamos que chegara a seguinte festa.
Eu gardo bos recordos daquelas experiencias familiares.
¿A vostede tocoulle vivir algunha experiencia deste estilo?
Non digo que aquelo fora calidade de vida; pero non sei que escoller:
-Se vivir algo “apretados” en familia…
-Ou consentir que un membro da familia teña que ir durmir a un hotel ou irse a vivir a unha residencia (no caso dos anciáns, porque non hai sitio para eles na casa).

Un país é como una gran familia.
Nun país hai un posto e un espazo para cada membro; pero…
-¿Qué pasa nas grandes ciudades?
-Que -en non poucas ocasións- moitas persoas viven en “colmeas”, como diría Camilo José Cela.

Por pouco que recorramos un país, comprobamos que hai lugares –xeralmente industrializados- onde o ser humano vive en grandes aglomeracións; mentres que zonas moi extensas, están despoboadas.
¿Non sería mellor ocupar o espazo razoablemente?

Cos recursos humanos, pasa máis do mesmo:
-Unha minoría acapara a maioría dos postos con boa calidade de vida.
-Outra maioría vive das farangullas que caen da mesa dos opulentos.
Por veces, dá a impresión de que mundo é propiedade desa “casta” que acapara una inmensa maioría dos recursos.
¿Por que terá tanta capacidade para acaparar o ser humano?
¿Por qué ten que prevalecer o egoísmo ante o altruismo?
¿É alguén autosuficiente?
¿Non nos necesitamos todos?

Eu penso que todos somos necesarios e que todos estamos aí por algunha razón e para algo.
Tamén penso que un rico pode chegar a ser “pobre”.

Que un pobre poida chegar a ser rico, é tarefa ardua; pero tamén hai casos…a riqueza non se mide tan só polo poder económico. Hai outro tipo de riquezas que aínda enchen máis a alma humana.

E tamén penso que todos nacemos capacitados para cumprir unha misión no mundo:
-Os poderosos para facer bo uso da súa autoridade ocupándose do benestar dos subordinados.
-A clase traballadora para soster o tecido social no tocante a bens de consumo.
-A infacia para alegrar as casas, as rúas, os parques e os colexios.
Ademais de se-lo necesario relevo xeracional dun país.
-A xuventude para dar vida, productividade, ganas de vivir e axudar ós que non poden.
¡Que bonito é ver unha persoa maior cargada co peso dos anos, da man dunha persoa xove!
E se é da familia, mellor que mellor.

Avós e netos: ¡Que gozada!
-Os adultos para soporta-lo peso da familia, acollendo a tódolos membros co cariño e respeto que se merecen: dando educación e bo exemplo á infancia e respeto ós maiores
-Os sans para coidar dos doentes, facendo o que lles gustaría que fixeran en caso contrario.
-Os doentes para santificar ós sans, exercitando a paciencia e o coidado amoroso que a veces é todo un acto heroico.
-Os ricos para axudar ós pobres, creando postos de traballo.
-Os pobres para axudárense entre si porque ninguén comprende a un pobre como outro que se atopa na mesma situación .
E… ¿por que non dicilo?
-Os marxinados están aí para facer una chamada á xustiza e á solidariedade.
Para facer unha chamada á xustiza social para que as autoridades correspondentes, tomen medidas no asunto.
Para toca-las fibras da nosa solidariedade ante a necesidade.

¿Qué pasaría se nos vestíramos coa pel dun mendigo un par de días?
Desafortunadamente, é raro non atopar con persoas faltas de recursos no camiño da vida.
Algunhas pode que desaproveitaran as oportunidades, outras é probable que non as tiveran.
En calquera caso dan lástima e din mal do país onde queira que se atopen.

Cando imos polas rúas e nos atopamos coa mendicidade, automaticamente sabemos que algo vai mal nese lugar.
¿Por qué chegaron esas persoas a situación tan penosa?
¿Non temos todos dereito a ser felices?
¿Non estamos todos implicados en certa medida na felicidades dos outros?
¿Cal é o camiño da felicidade?
“O CAMIÑO DA FELICIDADE”

Todos aspiramos a ser felices, pero se non o conseguimos é porque collemos un camiño equivocado ou porque tivemos que nevegar contra vento e marea.
Cada persoa sabe a súa vida.
Deus sabe a de todos.
Non podemos xulgar porque –xeralmente- descoñecemos boa parte da vida dos otros.
Pero –na medida das nosas posibilidades- estamos chamados a atopa-lo camiño da felicidade.

Estou convencida de que é vostede unha persoa moi feliz e que podería darnos moitas pistas para alcanza-la felicidade, pero cada un ten que busca-la súas.
Eu tamén me sinto unha persoa feliz e por eso quero compartir con quen lea o seguinte artigo, unhas pautas –que ó meu humilde parecer- poden servir para encontra-lo camiño da felicidade, ou polo menos aproximarse a el.

Din que neste mundo, non existe a felicidade completa; pero a esperanza de encontrala ninguén nola pode privar.
Está na nosa mente.

Moitas grazas polo ben que ocupa o seu sitio nesta vida, polo ben que cumpre coa misión que a mesma vida lle encomenda e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES