Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (83)

miércoles, 21 de octubre de 2015
Foi no ano 1947, o día nove de abril, estouna vendo, con abrigo negro de rizo, un vestido azul escuro, con floriñas. Estaba moi guapa, pois era moi lucida. A voda foi na casa. Co marido, viñeron quince persoas: irmáns, amigos, cuñados. Meus pais mataron un carneiro grande. Fixo a comida a tía Juana do “Gelle”. Era unha amiga da casa.

Fomos á igrexa todos os irmáns, amigos. Os pais, naqueles tempos, non ían ás vodas dos fillos. Logo de volver da cerimonia, xantamos. A xente parolando, cantando, pasouse a tarde. Logo, despois de cear, fóronse marchando para a casa. Non tiveron lúa de mel. Neses tempos, non había posibles para tanto.

Despois de tres días, o home marchou para Madrid. Estaba facendo o curso para garda civil. Ela quedou cos pais e irmáns, esperando que terminara. Máis tarde, daríanlle o destino. Estaba con toda a ilusión. Pero, o vinte e seis de abril, dezasete días despois da voda, unha descarga eléctrica (unha chispa na liña), veu por ela. Tiña vinte e dous anos. Así, o día vinte oito enterrouse. Foi moi duro para o marido, para a familia. Pero, coma sempre, hai que tirar para adiante. El foi destinado para Teruel. Alí, coñeceu outra rapaza. Aos seis anos, casouse. Tivo un fillo. Logo, un neto. Foille ben.

E, agora, aos setenta e seis anos, despois de pasaren cincuenta e nove, segue recordando os tempos pasados. Cando somos maiores, volvemos a vista atrás, pois o futuro xa nos queda pequeno.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES