Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xubilarse aos 75 anos

martes, 20 de octubre de 2015
Se algo preocupa na actualidade como máximo tema que nos poida afectar, é o fenómeno da xubilación, as pensións, as cuantías destas e a súa evolución de cara ao futuro.

O tema preocupa algo menos aos xa xubilados, como é o meu caso que levo algo máis de tres nunha situación que estimo confortable, que aos próximos a xubilarse, ou os que contemplan a xubilación na distancia, por non saber por onde “respira” a economía social ou macroeconomía.

Moi lonxe quedan os tempos –sen embargo tan cercanos- que todos os bancos alixeiraron nóminas xubilando xente aos cincuenta e poucos anos, o mesmo ca outras grandes empresas ou institucións, véndose na actualidade que é materialmente imposible manter o sistema por debaixo dos sesenta e cinco anos, téndose tomado a medida prácticamente de emerxencia de ir aumentando a cifra ata os sesenta e sete anos, de xeito paulatino, para ir axustando desexos con realidades.

Xa nos teñen convencido de que de paso que se aumentan os anos de vida activa, se incrementa o número de anos de cotización, e se calculan de forma diferente os importes das futuras pensións, estas van ser máis baixas que as actuais, e irán axustándose á evolución da economía que, a pesar dos anunciados hai tempo brotes verdes, segue sometida a unha prolongada seca.

Nesto, que se celebra na Coruña, o congreso anual da Confederación Española de Directivos e Executivos, na que interveu o magnate mexicano das telecomunicacións Carlos Slim, que aboga pola reducción da semana laboral de cinco a tres días, con xornadas de once horas, e por non xubilarse ata os 75 anos, para evitar a quebra do sistema.

Algo debe saber este bon home de economía cando está considerado a segunda fortuna do planeta terra, e como tal afortunado, un dos que marcan os camiños por onde anda a nosa economía, e polo tanto as nosas vidas. Tomemos nota de por onde van os tiros… A verdade é que os sesenta e cinco anos de hoxe non son os de hai corenta ou cincuenta anos, e os que agora nos xubilamos aínda estamos dun relativo bon ver, pero ampliar o traballo ata os 75 parece abusar un pouco do traballador para exprimilo ata que non dea máis de si. Nin para descansar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania