A Lei e a muller rural galega
Cachaza Platas, Mercedes - viernes, 23 de octubre de 2015
A situación da muller no rural galego é algo incrible.
Leva traballando de sol a sol na labraza, desde tempos inmemoriables, sen máis dereitos que o dereito a traballar, -se o clima era propicio e a colleita era boa- para ter un bocado de pan para ela e os seus.
Parece incrible que as autoridades, nin ela mesma se decataran de que estaba legalmente á marxe da lei.
É dicir, sen ser recoñecido un dereito tan fundamental, como traballadora do campo que sempre foi.
Deberes: tantos como se queira e máis; pero
¿U-los dereitos?
¿CÓMO FOI POSIBLE UN SONO TAN LONGO?
Gústame pensar que a xustiza é xusta. E eso penso.
¡Só faltaría!
Pero cando ten esquecida a máis do cincuenta por cento da poboación rural
¿Como pode chamárselle a eso?
¿Non é una inxustiza? ¿Ou é xusto? ¿Ou esqueceuse?
Por eso:
REUNIDO O ALUMNADO DA UNED SÉNIOR DOS CONCELLOS DE PADERNE, ARANGA, MONFERO DA PROVINCIA DE A CORUÑA XUNTO COS DE XERMADE E GUITIRIZ DA PROVINCIA DE LUGO; CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL, O DÍA 15 DE OUTUBRO, EN PADERNE (A CORUÑA):
Tratouse o tema, facendo una lectura por parte do Coordinador- da Lei 35/2011 de 4 de outubro que trata sobre a TITULARIDADE DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS, vixente desde o día 5 de xaneiro de 2012.
A muller do rural galego tivo que esperar ata o ano 2012, para que lle fora recoñecido o dereito como titular dunha explotación agraria.
O ALUMNADO SÉNIOR QUE LLE TIVO QUE VIVIR NESA SITUACIÓN LABORAL TODA A SÚA VIDA, FIXO UNHA REFLEXIÓN Ó RESPETO E CELEBRA QUE A PARTIR DE AGORA LLE SEXA RECOÑECIDO ESE DEREITO Á MULLER DO RURAL, COMO TRABALLADORA QUE É.
A partires de agora, homes e mulleres, mulleres e homes do rural galego, terán que ir cambiando a súa mentalidade -machista a todas luces-, por outra máis humana; na que homes e mulleres , mulleres e homes sexamos considerados como persoas cos dereitos e deberes inherentes a cada persoa en función da súa situación laboral na sociedade.
Cando esto se leva á práctica no vivr de cada día, poderemos celebrar que se cumpre a lei civil, pero sobre todo a lei humana.
Daquela a convivencia entra ámbolos dous sexos alcanzará o lugar que ten reservado desde a creación do mundo.
Seremos humanos maduros.
Mentres tanto, as mulleres do rural galego seguiremos dicindo:
¡ESTAMOS AQUÍ! ¡SOMOS SERES HUMANOS!
¡LOITAREMOS INCANSABLEMENTE ATA QUE SEXAMOS CONSIDERAS COMO TALES!
E os varóns do Alumnado Sénior da Galcia Rural, e outros moitos, tamén nos apoiarán. Diso estamos seguras.
(Mercedes Cachaza Platas é Alumna da UNED Sénior da Galicia Rural en PADERNE).

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora