Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non queremos amansar a conciencia

lunes, 19 de octubre de 2015
Hoxe é luns. Escribín isto o venres. O venres foi o Día Mundial da Alimentación. Mañá, sábado, será o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. O xoves publicouse a nova de que “8500 nenos morrerán hoxe no mundo por desnutrición”. Moviola: o venres, Día Mundial da Alimentación; o sábado, dedicarase a erradicar a pobreza; o xoves, 8500 nenos mortos por desnutrición. Hoxe, luns, e a pesar dese Día Mundial e desa Erradicación, seguirán morrendo 8500 nenos (ou máis) cada día. Seguro! Se non quixemos ou non soubemos amansar a conciencia en todos estes anos, non o conseguiremos en tres días.

O titular dos falecementos queda triste e amargo. Pero foi tan só o xoves. O venres e o sábado quere outra vez a conciencia saír a pacer por ser os días que son, pero son tan curtos os días que nin consigue saír da corte na que a temos aparcada. Así é que durante toda a fin de semana, a nosa conciencia envólvese entre as pallas e a calor do estrume xa nola adormeceu por completo. Ata o ano que vén. Ou ata que volva asomar outro titular semellante. Hoxe, luns xa, saímos da corte para intentar amolar ó inimigo en guerras delitivas, para intentar corromper as almas xenerosas e para deixar a cero as arcas do Estado. Os que pasan fame que se busquen a vida como fixemos os demais, non si?

Pensemos nese bo vivir das ricas sociedades porque, se hai sorte, ata nos poden deixar unhas migalliñas. Ós nenos africanos chégalles con catro granciños de arroz e unha presada de terra seca. Xoves. Venres. Sábado. Luns. Quitamos a pexa e xa temos a conciencia tranquila.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania