Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 21 de octubre de 2015
A inercia dunha parvada. Calma no ruído. Silencio no ruído. Mente en branco. Seguro? Estará algunha vez a mente en branco? Ata cando nos atopamos durmidos debe traballar a mente. Non sei. Un, ás veces, non se decata de nada; nin do ruído, nin do silencio. Raios de sol nunha treboada? Ó mellor si ou ó mellor non. A ver se alguén os confunde cos lóstregos. Os lóstregos tamén brillan. Os lóstregos fan ruído? Os tronos si fan ruído. Calma no ruído. Logo da tempestade chega a calma. Depende. Ás veces asoma outra treboada aínda máis grande, máis negra, máis ruidosa, máis escura. Silencio no ruído. Éche ben raro isto.

Un si pode quedar en silencio. Pero isto xa é outra cousa. Silencio por amargura. Silencio por tristeza. Silencio por sufrimento. Silencio porque se vive no silencio. Silencio porque non hai ruído. Pero non quedamos en que había silencio no ruído? Ai como baila a inercia dunha parvada! Aínda que de cando en vez é bo dicir parvadas. Para que vexan que non somos inmaculados, impolutos, que o erro humano tamén ten os regos torcidos ou os valados altos ou os camiños atrancados. Deus, canto ruído hai neste silencio!

A TENTACIÓN É TAN GRANDE!

Non podo comigo. Non podo entrar nunha biblioteca. Cada vez que vou devolver un libro, zas, sempre caio na tentación. E non vale que me diga “hoxe non pillo, que aínda me quedan algúns para ler”. O pensamento, o desexo queda en auga de bacallau. Voume ó estante das novidades e... a tentación é tan grande! Teño unha lista de libros para ler que abarca catro folios xustos. Pois ben, aínda que no estante das novidades non se atope ningún dos da lista... a tentación é tan grande! E miro, e remiro ata que, claro!, normal!, sempre cae algún. Hoxe mesmo, estou lendo un de case 1200 páxinas, levo lidas só 200, o que significa que aínda me quedan 1000, o que volve significar que teño para uns días. Pero claro, fun entregar outro, e boteille a ollada ás novidades, e non había ningún dos da miña lista, e non acabei pillando un máis, senón que caeron dous. A tentación é tan grande! Oh my God!, que teñen os libros! Dáme igual que non os teña na lista... son libros! Ó mellor algún está ben, penso sempre. E caio coma un paxariño! Non podo comigo. Canto me gusta soñar esperto! Porque lendo, soño.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania