Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cargarse a televisión local

jueves, 20 de julio de 2006
En tempos, Italia era o exemplo sempre manexado sobre o desmadre da televisión local, con arredor de dúas mil estacións de televisión emitindo.

Esto era a comezo dos anos noventa, cando en Galicia a Televisión local era teima duns moi poucos, e contábanse cos dedos dunha man as iniciativas locais con programación estable.

Unha das primeiras foi Ponteareas, exemplo de televisión de concello, promovida polo Alcalde José Castro con indudable bo ollo para o sector das comunicacións, que tivo que loitar contra todo tipo de trabas legais e mantivo contra vento e marea varias lexislaturas unha televisión que era aposta pola información pero tamén pola promoción persoal.

Pois agora esta televisión está en crise, cunha perda anual de arredor de 200.000 euros, que o Bng quere pechar e o resto dos grupos manter polo seu papel como medio de comunicación.

Outro exemplo naqueles lonxanos noventa recén inaugurados era Ferrol, onde chegou a haber dúas televisións locais, modestas pero como todas meritorias, que aguantaron a pé firme os malos tempos e a inseguridade.

Agora, a Xunta adxudica as frecuencias das televisións locais. E ningunha lle toca a Ferrolterra, a emisora veterana. Levan concesións os grupos de comunicación, na política seica común de contentar ós poderosos, e Ferrolterra queda sen ela e terá que pechar.

No pasado non lonxano houbo venda de televisións locais porque eran conscientes de que Pérez Varela non ía confirmarlles a canle. Mesmos problemas baixo do sol.

Cidades nas que unha “Local” mantense a duras penas, terán tres televisións locais. Non imos ter ollos abondos para atender tanto sinal.

O de “divide e vencerás” parece ter aquí aplicación. Unha “Local” é un medio de comunicación, e polo tanto problemático para a clase política. Se en lugar de unha hai tres, máis difícil pervivencia, pero tamén parcelación de espectadores, menores problemas para os que se sinten directos afectados polas informacións conflictivas.

Tal proliferación de televisións locais pode parecer síntoma de liberdade. Todo o contrario. Están situadas en mans de confianza, e moito terán que moverse, acomodarse ou unirse para sobrevivir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania