Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traballar para os ourensans

viernes, 16 de octubre de 2015
Vexo a posta en escena da toma de posesión da nova delegada territorial do goberno da Xunta en Ourense -non moi diferente á que noutros medios vexo do seu homónimo de Vigo, hai que dicir de paso- e reactualízanseme algunhas reflexións que fixen, tamén publicamente, hai agora sete anos cando o presidente da Xunta executou aquela pequena revolución administrativa de resumir nunha figura só a tódolos delegados provinciais cos que contaba cada unha das Consellerías en cada provincia.

A primeira delas e se esta opción de transformar ós representantes da Xunta de Galicia en cada territorio nun aceno de espírito santo institucional, foi provocada pola "crisi" e coa "crisi" deixará de existir se de aquí a un ano o meu tocallo de segundo apelido continúa á fronte do goberno galego ou se realmente é unha medida que volverá recuperar formas antigas cando a crise lle permita á Administración autonómica afrouxar algún burato máis do cinto.

E escribo isto porque, despois de sete anos de experiencia contrastada coa experiencia anterior dos delegados por conceptos e territorios e non exclusivamente por territorios, non alcanzo a valorar se esta medida, ademais de para aforrar algunhas calderillas da administración, realmente foi operativa, non tanto para a Xunta de Galicia senón para os Concellos, que son -ou deberían seren, á fin e ó cabo- os verdadeiros beneficiarios ou perxudicados finalistas desta figura.

Falando do anterior delegado e sen pretender facer pitelos da póla caída -que non teño razóns para iso-, escoiteille a un alcalde -ou alcaldesa, que tamén podería- dun pequeno concello ourensán, que acudiu onda el alá polos primeiros meses da súa estrea co fin de solucionar un problema en Santiago e denantes mesmo de escoitalo e chamar ó departamento axeitado da Xunta para ver como resolver o problema que o alcalde non dera resolto na dirección xeral correspondente, botoulle unha bronca coma se non houbera un mañá por ter saltado o protocolo e non ter acudido a el en primeira instancia. Ó final, o problema quedou sen resolver e o alcalde -ou alcaldesa- rañando as proeduras da filípica. "Se polo menos mo solucionara..!"

Non sei -repito- se isto dos "superdelegados" -que tamén así foron bautizados- é ou non é operativo, despois de ter defendido aquí mesmo a medida hai agora sete anos. Aínda que malicio que non moito.

Agora, a súa substituta afirma que "é unha sorte traballar para os ourensáns".

Vai ter un ano para demostralo e 92 pares de ollos para velo e despois crerllo. Todo dependerá de se o coche oficial viaxa máis cheo ou máis baleiro de ilusión segundo en qué sentido enfíe o morro: Se cara San Caetano ou cara a Ponte do Milenio.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES