Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Valor da muller na Galicia rural

sábado, 17 de octubre de 2015
Desde que se sabe da chegada dos humanos a este mundo, a muller sempre foi a alma do fogar; pero ó longo dos tempos o seu rol familiar e social foise acomodando ás diferentes circunsntancias de cada momento histórico.

Nós, as mulleres galegas, descendemos da muller celta; unha muller preparada para defenderse na vida: tanto na vida do fogar como en situación difíciles fóra do mesmo.
Tanto é así que dentro de España, só a muller do rural galego traballa dentro do fogar e tamén na labranza. En boa medida esto puido deberse á emigración; pero esa é a triste realidade.

Esto, noutras partes de España, non se dá.

NA ACTUALIDADE AS SÚAS RESPONSABILIDADES AÍNDA SE MULTIPLICAN MÁIS:
-Segue a ser a alma do fogar.
-Coordinadora de todos e cada un dos membros da casa.
-Encargada primordial da compra, da comida, da limpeza, dos estudios da infancia, coidadora de enfermos, nenos e anciáns…etc, etc.
-Labrega especializada en labores agrícolas e gandeiros.
-Empregada a tempo parcial ou total por conta allea.
-Moi participante nas necesidades da Igrexa.
-Etc, etc…

A lista das súas responsabilidades sería moi longa.
NINGUÉN PON EN DÚBIDA A SÚA VALÍA; PERO Á HORA DA VERDADE:

¿Cómo é tratada a muller no medio rural galego?

As mulleres celtas:
-Eran criadas en liberdade.
-Xa naqueles tempos elixían a parella libremente.
-Negábanse a ser escravas do home se este non as respetaba.
-Non se sentían dependentes do marido.
-E non sufrían se o seu amor non era correspondido.

Ó LONGO DO TEMPO O ROL DA MULLER FOI EVOLUCIONANDO.
A Igrexa Católica –seguramente que coa intención de protexela ou pseudo-protexela- interpretou mal a mensaxe do FUNDADOR, que sempre a defendeu e incluso quixo que foran elas as primeiras en presencia-la súa Resurreción, pero …
Todos sabemos en que plano a ten:
Unha vergonza a nivel mundial cando se consagrou o Altar da Sagrada Familia en Barcelona en presenza dun Papa elevado ós altares.
Non a deixa ocupar postos de responsabilidade, cando é a muller o sostén do culto.
Vese claramente en tódalas igrexas.

E non é moito mellor o seu rol na sociedade civil.
Non, non…Queda moito que mellorar.

¿QUÉ PORCENTAXE DA POBOACIÓN FEMININA É AUTÉNTICAMENTE LIBRE E AUTÓNOMA?
Seguramente, moita menos do que parece a simple vista.
¡Quen sabe o que pasa dentro do fogar!
Se as paredes falaran…

PERO CON TODO, A MULLER EN XERAL -E A GALEGA DO RURAL EN PARTICULAR-, SEGUE LOITANDO POR SUPERARSE.
Lástima que se atope con tantos atrancos:
-Ten acceso a Universidade, dereito a casarse e ter fillos, pero á hora da maternidade non está suficientemente protexida pola lei.
Moitas veces, ten que optar por deixa-lo traballo, sabendo que en liñas xerais son mellores os expedientes académicos femininos que os masculinos.
-Ten dereito a emanciparse, pero á hora da verdade vese atada polas obrigacións familiares:
¿Quen coida os enfermos? ¿Quen coida os nenos?
¿Quién deixa o traballo se ten que deixalo un membro da parella?
¿Quen cotiza maioritariamente á Seguridade Social?
¿Cómo se encontra a muller do rural galego á hora da xubilación?
¿É que a muller non traballou tanto ou máis que o home?

A DISCRIMINACIÓIN, SALTA Á VISTA.
E TRATÁNDOSE DA MULLER DO RURAL GALEGO, ONDE OS MEDIOS DE TRANSPORTE BRILLAN POLA SÚA AUSENCIA:
¿Cómo se traslada dun lugar a outro para atende-las súas
necesidades?

Entre o Alumnado feminino da UNED Sénior, vémolo moi claramente:
-“Se teño quen me leve, vou” -Se hai transporte público, vou; se non; non vou porque eu non teño coche”
Frases coma estas escoitámolas cada vez que se organiza algunha actividade na UNED Sénior da Galicia Rural.

E conste que as alumnas da UNED Sénior da Galicia Rural están en mellor situación con relación a outras que non teñen opción de saír da casa nada máis que cando hai enterros e pouco máis.

E NO TOCANTE ÁS PENSIÓNS, dado que as estadísticas demostran que as mulleres somos algo máis lonxevas que os homes:
¿En que situación se quedan moitas mulleres do rural galego?
¿Será porque non se merecen unha pensión digna?
¿Ou será porque a muller segue moi discriminada en moitos aspectos da vida con relación ó home?

A VERDADE É QUE A MULLER DO RURAL GALEGO SEMPRE FOI MOI SUFRIDA E MOI LOITADORA.
Moitas veces sufriu demais..¡Se as nosas avoas ergueran a cabeza..!
Nestes tempos as mulleres están a levar a cabo unha revolución pacífica e silenciosa para integrárense como membros de plemo dereito na sociedade actual e dacordo cos tempos que corren.
A MAIORÍA DAS MULLERES NOVAS:
-Fan todo o posible por conseguir unha educación adecuada para poderen realizarse como persoas.
-Sacan o carnet de conducir cando chegan ós dezaoito anos.
-Fan tódolos medios por buscar un traballo que lles dea autonomía económica e persoal.
- Son mellor consideradas e valoradas polos varóns, aínda que se está pagando con moita suor, moitas bágoas e tamén con sangue, en moitas ocasións.
-Poden ir polo mundo soas sen depender de ningún home.
-Incluso poden optar por ser nais solteiras aínda que lles resulte moi duro e difícil.
-As nenas van educadas en igualdades de responsabilidades cos nenos e algo vaise mellorando.
PERO COMO AS DEFICICENCIAS SALTAN Á VISTA:
Desde a UNED Sénior da Galicia Rural queremos facer unha chamada de atención a quen corresponda para que canto antes se tomen as medidas oportunas para que poidamos dicir que somos un país auténticamente civilizado.
MENTRES TANTO SEGUIREMOS LOITANDO INCANSABLEMENTE POR CONSEGUILO..
¡Moitas grazas!


(Mercedes Cachaza Platas é Alumna da UNED Sénior da Galicia Rural. Aula de Paderne (A Coruña).
Texto leído na celebración do Día Internacional da Muller Rural.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES