Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O primeiro tren

miércoles, 14 de octubre de 2015
Nestes días nun acto de Xermolos escoitamos en Guitiriz os versos de Curros Enríquez “Na chegada a Ourense da primeira locomotora” no 1881: “Velaí ven, velaí ven avantando/comaros e corgas, e vales, e cerros./¡Vinde vela, mociños e mozas!/¡Saludaina, rapaces e vellos!/Por onde ela pasa/fecunda os terreos,/espértanse os homes/frolecen os eidos”.

Na Terra Chá xa madrugara antes o seu asubío, un 5 de outubro de 1875, arrincara de A Coruña, ás sete da mañá, camiño do Lugo de San Froilán. Relucira coma o abrente dos novos tempos. O progreso penetrara na comarca destino Guitiriz, Parga, Baamonde, Begonte, Rábade, que inzaron en actividade, enxergando no corazón da Chaira os devezos doutro camiño de ferro ata a Mariña que non deu chegado, mentres Baamonde se convertia en parada e fonda para viaxeiros e mercadorías cara a costa de Lugo e Guitiriz en estación balnearia de 35 trens nos dous sentidos, doce de pasaxeiros, no 1958.

Parga estreaba outro espazo para a feira ao pé da vía que lle permitía o intercambio de gado e outros artigos e un servizo puntual para os permisos do campamento militar e Rábade despuntaba coma a punta de lanza dun triangulo industrial e comercial incipiente: Outeiro-Castro-Vilalba...

O tren tamén ía achegar á vila balnearia persoaxes de todos os niveis, dende a raiña Isabel II (12-IX-1858) que ía pernoctar unhas horas no Portazgo e mesón, na entrada do Curro Vello, onde daquela cambiaban as cabalgaduras das dilixencias e carruaxes nas que viaxaban antes da estrea do camiño de ferro. Os veciños agradeceron a súa visita dende A Coruña onde inaugurara as obras de construción da vía que ía atravesar a Chaira, erguendolle un arco trunfal tecido de frores e ramaxes. Foi tal a identificación coa paisaxe que lle deron aos vagóns os nomes dos ríos: Río Miño, Río Ladra, Río Parga...

As rúas da estación convertéronse nun mundo de xente, ateigadas de hoteis e pousadas en Guitiriz ou tabernas en Baamonde. A súa apertura supuxo a creación de moitos postos de traballo ao longo da rota. Pero aqueles tempos dourados foron escurecendo e arestora cómpre reivindicar a súa mellora, pois necesitamos este transporte público máis ecolóxico e social cos outros.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES