Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nace a Uned Sénior en Lousame

martes, 13 de octubre de 2015
Lousame é un concello con moita historia e tamén con ganas de seguir facendo historia, a xulgar polo que se aprecia na súa axenda municipal.
Os seus habitantes teñen moitos motivos para sentírense orgullosos.
A creación dunha aula de UNED Sénior nesta localidade, será outro motivo máis: un motivo ben importante e ben peculiar.

O día trece de outubro do ano 2015 pasará á Historia de Lousame como un día moi especial:
Por primeira vez na súa historia, ábrese una aula da UNED Sénior GALICIA RURAL neste Concello.
Acudirán a esta Aula da Universidade Sénior descendentes daqueles parroquianos que noutrora ensinara a ler o Cura de Fruime, D. Diego Antonio Zernadas de Castro, quen tamén celebrará este singular acontecemento no día de hoxe, alí onde queira que estea.
Este proxecto de acerca-la Universidade á Galicia Rural, foi iniciado por outro crego chamado D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, aquí presente.

Unha persosa moi coñecida e moi querida, quen desde outra parroquia tan humilde como a de Fruime, foi capaz de enxendrar esta xenial idea e propoñerlla á Directora do centro Asociado da UNED na Coruña, no ano 2008.

Dona Susana Blanco Miguélez, foi a nosa primeira e moi querida Directora.

Na actualidade o novo Director: D. Germán Carro Fernández ten o firme propósito de continuar e –se pode- mellorar o labor iniciado pola súa antecesora.
¡Estamos de noraboa!

Pero… nin este día, nin este acontecemento tería lugar se as autoridades municipais do momento, non deran o seu consentimento.

Por eso queremos agradecer ó Equipo de Goberno actual de Lousame encabezado por Dona María Teresa Villaverde Pais, que dera a oportunidade á Poboación Sénior de integrárse na UNED Sénior GALICIA RURAL.

Tamén queremos dá-la benvida a tódalas persoas deste concello que se matriculen nesta Aula da Universidade Sénior.

Unha ampla representación do Alumnado Sénior da Galicia Rural, integrado neste momento polos concellos de: MONFERO, ARANGA, PADERNE E RIANXO NA PROVINCIA DE A CORUÑA E OS DE XERMADE e GUITIRIZ, na provincia de Lugo, vén hoxe aquí para dá-la benvida ós de Lousame.
¡Benvidos!

Desde hoxe, fortaleceranse as nosas relacións, porque temos un denominador común:
“Pertencer ó Alumnado da Universidade Sénior do centro Asociado de A Coruña, que nós bautizamos co nome de GALICIA RURAL”.

O noso HIMNO, composto por nós mesmos di, entre outras cousas:
-Que queremos estudiar na Universidade.
-Que temos ganas de aprender.
-Que sentimos necesidade de amplia-lo saber.
-Que estamos agradecidos desta oportunidade.
-Que imos abrindo camiño ás xeracións do futuro.
-E tamén que queremos disfrutar.

DISFRUTAR CON LETRAS MAIÚSCULAS:
-Disfrutar con esperanza e alegría desta etapa da vida.
-Disfrutar do moito que deixamos traballado.
-Disfrutar na compañía de outros coma nós.
-Disfrutar mellorando a nosa autoestima.
-Disfrutar sendo exemplo para os que veñen detrás.
-Disfrutar deixando moi alta a GALICIA RURAL.

Estamos convencidos de que este alumnado de nova incorporación moi axiña experimentará este benestar que os pioneiros xa levamos disfrutado durante os seis anos que ten de vida a UNED Sénior GALICIA RURAL.

Por estas e outras moitas razóns, hoxe é un día grande para todos nós, é un día moi grande para a UNED Sénior Galicia Rural. Eso foi o que nos trouxo aquí.
Por eso estamos aquí reunidos compartindo experiencias, mesa, mantel e compañía.
Moitas grazas a todas cantas persoas e institucións fan posible esta celebración.
No nome de todo o ALUMNADO Sénior da Universidade Galicia Rural:
¡Graciñas!

Palabras pronunciadas en Lousame, no acto de constitución da Uned Sénior, por MERCEDES CACHAZA PLATAS, Alumna da UNED Sénior “GALICIA RURAL”
Aula de PADERNE (A Coruña)
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES