Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 14 de octubre de 2015
Lendo, claro. Pésanme as pálpebras. Estou canso. Hoxe non puiden dar as típicas cabezadas da sesta e nótoo. Tiven que ir a un enterro en Baños de Molgas. Mágoa. Xa lle dei toda a volta ó recinto novo do Campus Universitario. Lendo, claro. E menos mal, pois se tivera que ler sentado, seguro que non o conseguiría, que me durmiría. É a gran vantaxe que teño: a de ler andando. Canso un pouco dos pés pero non me durmo. Aínda queda máis dunha hora para que Xoel remate co adestramento de baloncesto. O que significa que teño tempo para darlle outra volta ó Campus Universitario. Lendo, claro.

Que aburrido sería pasear e non aproveitar o tempo! Se non chegara a ter os libros comigo, usaría o MP3. Este tamén anda sempre comigo. Para escoitar música. Só música. As noticias chégame con lelas nos xornais e escoitar pola radio do coche as das sete e media da mañá camiño do traballo. Despois, xa todo se volve música e lectura. A música amansa ás feras. A lectura... a lectura é algo máis que un sentimento, é o non vai máis de querer saber e, por suposto, de querer soñar co que se le. Seguen pesando as pálpebras. Así é que... outra voltiña. Lendo, claro.

CONTEMPLO A VIDA PASAR
Contemplo a vida pasar. Pero non pasa. Non pasa ninguén! Estou só na terraza. E non pasa ninguén pola beirarrúa. A vida é movemento. Non se move nada! A vida e un latexo. Non latexa nada! Ata o meu corazón creo que non latexa. Arre demo, nin as pombas andan hoxe por aquí. Claro!, acabo de me dar conta de que á terraza puxéronlle uns biombos e teñen pouco sitio para entrar. Pobriñas! Agora mesmo, se houbera pombas, botáballes unhas migalliñas da bica que estou comendo. Sempre fago o mesmo: cando as vexo bótolle un chisquiño e incluso escorrego ben o prato co dedo para que non lles quede ningunha migalliña sen aproveitar. A ver!, unha pomba sempre é unha pomba. A pomba tamén ten vida. Pero hoxe, aquí, non hai pombas. Non hai vida porque non hai xente. Non hai vida porque non hai pombas. Hoxe nin tan sequera a vida é un suspiro.

Contemplo a vida pasar. Pero non pasa. É triste analizar o baleiro dunha vida. De que vida? Daquela vida! Alá vén! Alá vén moi devagariño unha pomba branca. Por fin unha vida inmaculada! Collo o prato, escórroo e as migallas caen ó chan. Pouco a pouco a pomba achégase. Ata o meu corazón xa latexa. Agora si contemplo a vida pasar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES