Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

viernes, 09 de octubre de 2015
Apuntar e disparar. Outra masacre máis nos Estados Unidos. E van…? Un xa perde a conta. Es as que quedarán. Mentres non saquen unha lei na que prohiban o uso das armas, os ianquis seguirán matando discriminadamente. Pero quen se atreve a sacar esa lei? O poder dos do rifle é moi longo, máis longo aínda que o propio rifle. Pais que lles ensinan ós fillos a disparar. Pais que lles mercan armas ós fillos. E agora chegarán os “entendidos” para botarlles a culpa ós xogos violentos, ás películas violentas. Non serán capaces de dicir que tales xogos e cales películas é pura ficción, que a auténtica realidade está na mente humana. E a mente humana sábese, sóubose sempre que é retorcida.

Se un rapaz non ten unha pistola, non ten con que disparar. Como moito learase a puñadas con alguén. As puñadas non adoitan matar. As balas si. As balas incluso acenden a ansiedade do sangue. Cantas mortes leva consigo a loucura dunha adrenalina que bate e bate na mente dun mozo? Coa de formas que hai para descargar esa adrenalina…! Agora botan as mans á cabeza. Máis axiña o pai porá a pistola nas mans do fillo e daralle a orde de apuntar e disparar.

O MONO QUE ESBIRRA

Nunca te deitarás sen saber unha cousa máis. O outro día souben unha cousa máis, unha cousa que me causou graza. Resulta que hai uns días descubriron no Himalaia oriental a un mono que esbirra porque ten o nariz ó revés, é dicir, os orificios nasais mirando para arriba. Entón, claro, cando chove a auga méteselle polos orificios e… alá vai!, esbirro vai e esbirro vén. Pobriño mono, imaxínoo nos días de chuvia mirando continuamente para o chan, coma se fora un cristián logo de pasar a procesión coa virxe dos Milagres. Menos mal que o mono vive no Himalaia. Imaxinade que o simio vivise en Galicia, onde tanto chove. O pobre tería concerto de esbirros moi a miúdo, demasiado a miúdo. Polo menos no inverno.

A maiores do mono, e durante os últimos anos, tamén seica se descubriron unhas 200 especies de animais nesa mesma zona. O que demostra que por moito que digamos qué pequeno é o mundo!, aínda hai zonas ou lugares dos que non sabemos nada de nada. Non todo se atopa no monte Medo o no de Pinouzos. Hai vida máis alá do Outeiro do Corno e do Outeiro de Brandín.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES