Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O noso tren

jueves, 08 de octubre de 2015
Dende a primeira locomotora a vapor que circulou sobre raíles, presentada en 1802 polos ingleses Trevitink e Vivian, que dous anos mais tarde fixeron unha demostración sobre unha vía mineira de 15 km. de longa, logrando mover unha carga de 10 Tm.de ferro e 5 coches con 70 pasaxeiros, a unha velocidade aproximada de 8 Km./hora, ata a actualidade en que o AVE acada os 300 Km,/hora, a historia do ferrocarril, como a de tódolos avances técnolóxicos da Humanidade, é unha sucesión dos mais contradictorios avatares polos que se manifestan as grandezas e as miserias do home.

A aparición do ferrocarril, que se amosaba como o grande recurso para o desenvolvemento dos pobos, espertou a avaricia das crases pudentes: os capitalistas e os políticos; aquéles porque vían nel un bó futuro para as súas inversións e éstes- os políticos- unha arma importante para gañar os votos dos cidadáns, xa fose erixíndose en defensores da súa implantación ou opoñéndose á mesma, en función do sentir dos veciños dos respectivos distritos á búsqueda do voto destes para o seu respectivo talego. Esta actitude, sempre lamentablemente presente na crase política, diu lugar ás mais soprendentes situacións, e os cidadáns de a pé dividíanse tamén en dous sectores: aqueles que saudaban entusiasmados a aparición do tren en canto que medio de comunicación que racharía co tradicional illamento da nosa terrra – Curros Enriquez na chegada da primeira locomotora a Ourense, dixo : “Por onde ela pasa / fecunda os terreos,/ espértanse os homes, / florecen os eidos” e con evidente énfase chamou á mesma “ o Cristo dos tempos modernos”, en alusión a que sería quen de facer o milagre da revolución social e económica (os “progresistas”)- e aqueles outros que vían no artefacto que cruzaba as bucólicas leiras como un inimigo da paz e do benestar que se respiraba en plena natureza virxe.

O proxecto do ferrocarril Ferrol-Xixón é moi antigo, pois en 1883 o goberno, principalmente con fins militares, para unir os centros industriais e carboníferos de Asturias coa base naval de Ferrol, dispuxo o estudo dun ferrocarril que pasase por Luarca e Ribadeo.

O tren chega a Galicia con moito retraso, como ven sendo endémico na nosa terra con canto signifique progreso e modernidade. A nivel do estado o primeiro “boom” prodúcese de 1855 a 1865 que se abren a maioría das liñas radiais, pero Galicia queda á marxe: habería que esperar a 1873 para inaugurar a primeira liña galega: o tramo Santiago a Carril. Este retraso obedece a unha serie de circunstancias ás que non foron alleas as loitas localistas e por suposto ós nefastos intereses dos políticos, feitos éstes que seguen producíndose nesta sociedade en pleno S. XXI.

Luis Moure Mariño conta nun dos seus libros, cómo un destes (un político da época) con forte implantación en determinada zona do interior da provincia opúxose a que pasase pola localidade cabeceira da mesma alegando que “queimaba as cosechas”, o que levou a un importante retraso na súa execución; a que se construisen dúas pontes innecesarias no trazado racional e que a estación se ubicara en poboación de menor entidade que a capital do concello; circunstancias que produciron graves perxuizos á bisbarra ó longo da historia.

No pleno do día 8 de xaneiro de 1903, o concello de Foz adheríase á petición do alcalde de Vegadeo, para colaborar a resolver os atrancos que impedían a pronta realización das obras, así como a cantas medidas con ese fin tomase o alcalde da Veiga, promotor da iniciativa. O semanario “Mondoñedo”, do 25 de maio de 1908, noticiaba: “el pasado día 17, cumpleaños de S.M el Rey publicó “La Gaceta” el concurso de proyecto de varios ferrocarriles, entre ellos el de Gijón-Ferrol que es de importancia capital para esta comarca”.

Ata 1926, debido á vontade de Primo de Rivera, non empezan os traballos, suspendidos en 1931, para voltar despois da gerrra civil. Preto de cen anos despois dos primeiros estudos ponse en servizo o último tramo Vegadeo-Viveiro.

E así estamos dende entón na Mariña. Iste pode ser o claro expoñente do que é o desenvolvemento e modernidade dos medios de comunicación dunha comarca de recoñecido potencial humano e económico, ateigada de políticos de probada ineficiencia que segue, a día de hoxe, anclada na prehistoria dos camiños de ferro.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES