Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha medalla de Galicia

lunes, 17 de julio de 2006
Proliferan de tal maneira en Galicia as homenaxes que raro é o día en que algunha institución, comunidade de veciños, asociación cultural ou grupo de amigos non rinda homenaxe a algún membro distinguido, a algún veterano residente ou destacado practicante das artes, das letras, do deporte ou de calquera outra actividade.

E moitas veces, en lugar de simplificar e honrar a alguén verdadeiramente destacado, a entidade que homenaxea quere cubrir un amplo abano de beneficiados para contentar a máis xente, e o que debera estar reservado para un ou dous elixidos resulta distribuído en cantidade tal que nin os honrados se senten satisfeitos, nin os esquecidos deixan de notalo.

As medallas de Galicia como outras distincións das máis altas do País, nos últimos tempos parecían unha lotería na que había grandes premios, premios notables, e premios de consolación ou pedrea, cos que tanto se premiaba a un Xefe de Estado extranxeiro que nos visitase como á pericia culinaria dun restaurador galego. Que están moi ben tódalas distincións que se concedan, pero dunha banda hai que dosificalas (o ano pasado concedéronse 34), e doutra racionalizalas, de xeito que os hosteleiros teñan distincións de hostelería, os catedráticos de investigación e docencia, e os defensores da Lei as do Valor.

Neste ano, a Xunta, da un excelente exemplo de racionalidade, e concede unha soa Medalla de Ouro de Galicia, co que a valora e distingue cando no decurso dun ano só é unha entidade ou particular o designado.

E á racionalidade, engádeselle a xustiza. Porque a Medalla de ouro de Galicia deste ano concédese á Real Academia Galega, co gallo de cumpri-lo seu centenario.

Non é este o lugar para facer relación dos méritos da nosa Academia para obte-la medalla de Ouro de Galicia, que figurarán no acordo co Consello da Xunta. Pero que esta entidade cumpra cen anos, que desde hai 43 anos impulse o “Día das Letras Galegas”, que sexa un facho permanente na defensa da nosa lingua e da nosa escrita, e que nela figuren exemplos sobranceiros de loita pola cultura e polo país, son razóns abondas para que unha distinción honrosa – máis honrosa aínda por solitaria- se lle adxudique.

¡Noraboa a academia polos seus cen anos!. E noraboa ó goberno da Xunta pola adxudicación do que debe se-lo noso máis prezado galardón.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES