Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Lei invade o mar

viernes, 14 de julio de 2006
Hai cousas nesta vida e nesta terra que supoñiamos que nunca estarían reguladas por unha norma, aínda que o afan regulamentador é tan invasivo que cada día absorbe máis competencias e afecta a máis espacios.

Se ó mar nos referimos, o sistema de venda do peixe nas lonxas entendemos que é anterior á Constitución, ó Estatuto de Galicia, e a calquera dos tratados pesqueiros que aqueixan ós nosos barcos e ós nosos mariñeiros.

O sistema de rula, con poxas á baixa, é orixinalísimo, antiquísimo, e mostra de enxeño, agudeza e organización. Ahí está, e leva séculos funcionando con independencia de quen goberne, de quen pesque, de quen merque ou venda.

Pois a Consellería de Pesca ven de publicar un decreto polo que autoriza ás lonxas que o desexen a cambiar o sistema de poxa para facelo á alza. Saber eso, desacouga.

Desacouga, porque o sistema tradicional ignoraba estar regulado por máis norma que a pericia dos ruladores, e ata Galicia é pioneira na utilización de poxas electrónicas con mandos por infravermellos que nos colocan á cabeza do mundo na comercialización do peixe.

Pero se a Lei ven impoñernos a súa presencia en algo que entendiamos libre, a mesma Lei – ou outras invasivas- ven facerse presente para regular o acceso de xentes no mariñeiras a bordo de buques pesqueiros.

Nosa Señora do Carme, patroa do mar, nos valla, xa que están en perigo as súas procesións porque os barcos non poden ser invadidos por persoas de fóra, aínda que sexan devotas da Virxe. A seguridade, ante todo.

A tradición manda que as procesións da Virxe do Mar se celebren polo mar. E do mesmo xeito que os coches, autobuses e camións cargaban maiores e nenos antano para darlles un paseo na honra do Santo, as barcas/os de tódolos tamaños recibían turistas e residentes para pasealos polos centos de rías mentras os foguetes poñían estoupidos blancos no máis alto do ceo.

Pois non pode ser. Os non mariñeiros non poden marear. Os barcos non poden levar xentes alléas ó mar. Acabouse a tradición.

A Lei invade o mar. Un mar que non ten fronteiras, pero a Administración coida que pode ter portas, e intenta poñerllas.

¡Xa está ben!. Busquen solucións. Procuren a seguridade pero non só a base de prohibicións, que as Administracións non están para poñer trabas senón para facilitar a nosa vida. E respectar as tradicións é un bo xeito de deixarnos vivir en paz.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES