Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enerxía da vida

jueves, 08 de octubre de 2015
Vostede sabe mellor cá min, en que consiste a enerxía.
Tamén sabe que hai moitas clases de enerxía.
E tamén sabe, que hai circunstancias, situacións, experiencias… nas que a enerxía sae disparada como se da lava dun volcán se tratara.

Pois desta enerxía que enche ata os topes a alma humana é da quero compartir con vostede, precisamente porque outras persoas a comparten comigo.
Con este tipo de enerxía pasa como coa educación e outras moitas cousas excelentes que a vida nos depara:
“CANTO MÁIS SE COMPARTE, MÁIS MEDRA, MÁIS SE MULTIPLICA”.

Por eso quero compartir con vostede a enerxía que almacenan no seu interior os humanos e que -cando se dan as ciscunstancias oportunas- colma a alma de felicidade.
Esa felicidade que se experimenta na relación coas persoas que apreciamos de verdade e que nos aprecian a tope.
Non son unhas persoas calquera.
Son as auténticas.
Auténticas de verdade.
SON AS PERSOAS AMIGAS
Son persoas nas que esa enerxía sae a relucir como raios luminosos que asolagan as nosas almas de luz, calor e vida humanas.
Esa enerxía colma a alma de quen a dá e -aínda máis- a de quen a recibe.
É A BONDADE EN ESTADO PURO.
¿Existe entre os humanos a bondade en estado puro? –preguntarase vostede.
Pois si, respondereille eu.
Hai circunstancias nas que si.
Atópase onde menos se espera.
Atópase sen contar con ela.
Atópase sen –a primeira vista- merecela.
Dánnola a persoas que -dun xeito ou doutro- tratamos na vida cotiá.
Son persoas que –aparentemente- parecen persoas normais e correntes.
Son persoas que pasan pola vida como se foran pisando algodóns.
Persoas que non fan ruido ningún; pero observan moito e teñen un corazón moi grande.
Case non se sabe que as hai, ata que chega o momento oportuno, como por exemplo:
“CANDO SABEN QUE ANDAS BUSCANDO ALGO E QUE ELAS PODEN SERCHE DE GRAN UTILIDADE”.
Nese momento e cando saen á palestra.
PRESÉNTANSE LIXEIRAS COMO UN LÓSTREGO E DINCHE:
“NON TE PREOCUPES”

E cando che din así, ti observas como a súa bondade sae a flor de pel, descansas nelas e déixaste levar.
Tes que deixarte levar porque ves nelas un tipo de enerxía que supera as túas forzas.
Elas farán todo o humanamente posible para axudarche.
Farán incluso máis do que ti farías:
-Buscarán toda a información habida e por haber sobre aquelo que ti andas buscando.
-Empregarán tódalas estratexias necesarias para facilitarche a vida.
-Acompañarante a onde precises.
-Daranche o seu parecer ben pensado e ben meditado e con absoluta sinceridade, desde o máis profundo do seu corazón.
-Ofreceranse para todo o que necesites. (Cantidade considerable de cartos incluídos. Si, si; cartos incluídos e moitos…)
Cando te ves nesta situación:
¿Cómo te sentes nese momento?
Eu persoalmente, síntome totalmente abraiada.
Tanto é así que case non dou creto ó que estou vendo, oíndo, vivindo e sentindo.
Cóstame asimílalo.
¡Pero é real!
¡É real!
¡Real como a vida mesma!
¡Que maravilla!
¡Quen mo diría!
(Tal como está o mundo…)

Este tipo de persoas e este tipo de conductas son unha verdadeira fonte de enerxía positiva que recargan as túas pilas.
Que fagan esto familiares moi achegados unidos polo sangue ou por lazos de afecto, case se comprende; pero que se dean estes casos entre persoas que “non se son nin unha cousa nin outra…”
Ser, son PERSOAS AMIGAS; pero non terían por que facer nada extraordinario por ti.
Pero fano.
Non sei se eso ten algún nome; pero se o ten; eu non o coñezo.
Para min hai comportamentos que non teñen nome.
Comportamentos extraordinariamente positivos, me refiro.
Estes comportamentos a min, danme vida, son enerxía pura.
Non sei se aumentan os meus días de vida: eso xa é outro cantar que só o “XEFE” sabe; pero CALIDADE DE VIDA si que ma dan.
E moita.
E moi boa.
¿Por que comparto con vostede esta experiencia tan gratificante?
Porque:
-Seguro que esta experiencia persoal miña lle trae á súa memoria, situacións semellantes que seguro lle farán revivir momentos moi felices.
-Seguro que vostede é unha gran fonte de enerxía para outras persoas e seguramente recibirá moita enerxía, porque do que se dá, eso mesmo se recibe.
Deso se trata.
Se lle conto esta experiencia, de ningún xeito é para vanagloriarme.
¡Pobre de min!
¡Quen son eu!
É para que vostede disfrute revivivndo experiencias semellantes, porque de disfruta-la vida é do que se trata.
“DISFRUTA-LA VIDA” será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración esta ocasión; porque -se lle digo a verdade-, precisaba compartir esta experiencia tan gratificante con persoas como vostede.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES